Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Mos forma a súa poboación para ser máis sostibles e ecolóxicos

reciclaxe

y Hoxe terá lugar a charla na parroquia de Sanguiñeda y A campaña busca informar, educar e concienciar

Asistentes á charla da campaña «Mos Recicla» na parroquia de Dornelas.   | // D.P.

Asistentes á charla da campaña «Mos Recicla» na parroquia de Dornelas. | // D.P.

[Mos]

O Concello de Mos, a través da súa Concellería de Medio Ambiente, vén de poñer en marcha o programa «Mos Recicla», unha iniciativa que busca informar, educar e concienciar á veciñanza sobre a importancia da correcta separación dos residuos.

O proxecto consiste nun ciclo de charlas informativas nas diferentes parroquias do municipio e conta coa colaboración das Asociacións Veciñais de Mos.

Con esta acción, o goberno municipal pretende achegar o coñecemento ambiental a todos os fogares do concello.

As sesións explican de maneira práctica como separar correctamente o lixo, que residuos van en cada colector, o funcionamento do punto limpo, e tamén o servizo de recollida de voluminosos.

A maiores da aprendizaxe da información técnica, búscase a través deste proxecto facer reflexionar sobre o por que e o para que da reciclaxe, nun momento no que o tratamento dos residuos está experimentando cambios a nivel europeo e nacional.

A alcaldesa, Nidia Arévalo, subliñou que «estas charlas son unha ferramenta de información e de concienciación que nos axudan a entender que o reciclaxe non só é unha cuestión ambiental, senón tamén económica. Se reciclamos máis, reducimos custos e facemos de Mos un concello máis sostible e responsable».

As primeiras charlas xa tiveron lugar esta semana. Concretamente, a primeira levouse a cabo no local social de Dornelas o pasado martes; e a segunda no local da Asociación Veciñal Nosa Terra de Pereiras.

Hoxe mesmo é a quenda da parroquia de Sanguiñeda, no local Ledicia ás 18 horas. As charlas continuarán o venres 21 de novembro ás 19 horas no local veciñal de Petelos; de seguido a parroquia de Cela terá a súa charla no local Celado o sábado 22 de novembro ás 18 horas.

O luns 24 de novembro o Centro Dotacional de Torroso acollerá a charla ás 19 horas e as xornadas rematarán no Centro Cultural de Herville o venres 28 e novembro ás 20 horas.

Dende o Concello de Mos remarcan que «en moitos concellos estanse a producir incrementos das taxas de lixo, derivados das novas normativas ambientais europeas e das medidas adoptadas polo Goberno para cumprir cos obxectivos de reciclaxe marcados por Europa».

A causa desta nova normativa, «os concellos que máis reciclen veranse beneficiados pola aplicación dun tipo reducido do canon ás administracións que logren incrementar o volume de envases e cartón recollido ou reducir o lixo da fracción resto. En palabras simples: canto máis reciclamos, menos pagamos», asegura o goberno municipal.

Con todo, a campaña apostapor unha cidadanía informada e activa, capaz de comprender o impacto real das súas accións dirias e contribuír a un futuro máis sostible.

Tracking Pixel Contents