Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Ciencia

Mos celebra o mes da ciencia en galego

A xornada terá lugar hoxe na Biblioteca María Magdalena

[Mos]

O Concello de Mos súmase un ano máis á celebración do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas cunha proposta pensada especialmente para o público infantil.

O obradoiro, que leva por título «Heroes para a ciencia», terá lugar este mesmo sábado ás 12:00 horas na Biblioteca Pública Municipal María Magdalena de Mos.

A actividade, dirixida a nenas e nenos de 3 a 8 anos, propón achegar a ciencia dun xeito lúdico e participativo, combinando o xogo coa experimentación e o descubrimento.

O obxectivo é espertar a curiosidade científica desde idades temperás e, ao mesmo tempo, promover o uso do galego como lingua de coñecemento e creación.

Desde o Concello de Mos destacan «a importancia de fomentar o interese pola ciencia e pola lingua desde a infancia, lembrando que o galego tamén é unha ferramenta válida para pensar, investigar e divulgar».

«Porque a ciencia tamén se pensa, se crea e se soña na nosa lingua», sinalan desde a Biblioteca María Magdalena, que anima ás familias a participar nesta actividade onde imaxinación, coñecemento e identidade cultural se dan a man para facer da ciencia un espazo accesible, divertido e en galego.

A iniciativa do Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas está impulsada pola Conselleria de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Tracking Pixel Contents