Saúde
«Falemos de menopausa» para coñecer mellor a etapa
A charla foi impartida pola matrona Andrea Graña Soto y Haberá outra charla o xoves 20 de novembro

Asistentes á charla «Falamos de menopausa» realizada no Pazo de Mos. | // D.P.
O Pazo de Mos acolleu o pasado xoves 6 de novembro a charla divulgativa «Falemos de menopausa», unha actividade organizada polo Concello de Mos en colaboración coa Fundación Pazo de Mos e impartida pola matrona Andrea Graña Soto.
O encontro reuniu a numerosas persoas interesadas en coñecer mellor esta etapa natural da vida das mulleres, nun ambiente participativo e próximo no que se abordaron cuestións como os cambios físicos e emocionais asociados á menopausa, os tratamentos dispoñibles, o autocoidado e o papel fundamental do exercicio físico e o estilo de vida saudable.
A matrona explicou con claridade os diferentes síntomas que poden aparecer durante o climaterio, ofrecendo información práctica para mellorar a calidade de vida e afrontar esta fase con serenidade e coñecemento.
Tamén se afondou no uso de suplementos nutricionais, nas alternativas terapéuticas e na necesidade de falar abertamente sobre a menopausa, deixando atrás prexuízos e silencios.
Dende o Concello de Mos, destacan que iniciativas coma esta «axudan a normalizar un proceso biolóxico que forma parte da vida de todas as mulleres», ao tempo que «se promove a educación para a saúde e a igualdade».
Debido á gran acollida da iniciativa e co obxectivo de favorecer unha experiencia máis práctica e participativa, a matrona ofrecerá unha segunda sesión o vindeiro 20 de novembro, tamén no Pazo de Mos.
A actividade enmárcase dentro do programa municipal de promoción da saúde e benestar das mulleres,
- Redondela leva a maxia do Nadal ás súas trece parroquias
- A música toma Salceda en novembro
- Redondela di «ante a violencia machista, resposta universal»
- Fin de semana teatral en Tomiño, con espectáculos premiados
- Covelo dá a benvida ao Nadal cun mes cheo de tradición, cultura e solidariedade
- Arantei dá a benvida ao viño novo
- Tofu cobrará vida este ano: así é o videoxogo que nace en Arbo
- Tui, capital cultural para celebrar 800 anos