Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Tradición

«Éxito rotundo» na IV Festa Furancheira de San Xurxo, en Salceda

A organización cifra en máis dun milleiro de asistentes en ambos días de festa

Asistentes á IV Festa Furancheira de San Xurxo.   | // D.P.

Asistentes á IV Festa Furancheira de San Xurxo. | // D.P.

[Salceda de Caselas]

A parroquia de San Xurxo, en Salceda de Caselas, celebrou o pasado 7 e 8 de novembro a súa IV Festa Furancheira, un evento que dende a organización calificaron «cun éxito rotundo de participación e ambiente».

A cita, organizada pola Comisión de Festas de Santa Bárbara, o Entroido de San Xurxo e a Comunidade de Montes, contou coa colaboración das asociacións da parroquia, como son o Centro Cultural e a Asociación Veciñal, así como da cafetería do Centro Cultural.

Pola súa banda, o Concello de Salceda de Caselas tamén tivo un papel fundamental, achegando os medios loxísticos e o material necesario, ademais de colaborar na difusión do evento nos días previos.

Durante a fin de semana, os asistentes puideron percorrer os cinco furanchos habilitados, nos que se ofreceron os tradicionais viños da zona acompañados de tapas galegas como callos, zorza, raxo, orella, chouripán, tostas de xamón asado con pemento, lingua, xabarín e unha ampla variedade de postres caseiros, dispoñibles en cada un dos establecementos.

A organización cifra en máis dun milleiro de asistentes as persoas que pasaron pola festa ao longo das dúas xornadas, consolidando así a súa importancia dentro do calendario festivo local.

As entidades organizadoras quixeron agradecer a implicación da veciñanza, do comercio local e de todas as persoas que se achegaron a desfrutar da festa.

Ademais, como punto curioso dende a organización destacan que este ano produciuse o «secuestro» dos bonecos anunciadores do evento, desaparecidos misteriosamente na noite do Samaín.

Entre risas, os diferentes membros da organización atribuiron tal feito a que «son cousas de bruxas» .

Tracking Pixel Contents