Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

BAILE

Exercicio ao ritmo da música para o alumnado do Porriño

Máis de 1500 alumnos participan na actividade y Terán lugar durante o mes de novembro

O alumnado nunha das primeiras clases de baile.   | // D.P.

O alumnado nunha das primeiras clases de baile. | // D.P.

[O Porriño]

O Porriño converte as súas aulas educativas en espazos de música e creatividade coa posta en marcha das II Xornadas «Danzando na Escola», unha iniciativa organziada polo Concello do Porriño e a escola de baile Studio 57 que busca «fomentar o desenvolvemento integral do alumnado a través da danza».

En total, máis de 1500 estudantes dos diferentes centros educativos da vila participarán nesta segunda edición dos obradoiros, que terán lugar ao longo deste mes de novembro.

As primeiras sesións xa tiveron lugar no CEIP Cruz de Budiño, CEIP Antonio Palacios, no IES Ribeira do Louro, na escola infantil de Mosende, en Aceesca e no CEIP de Atios. Durante os vindeiros días, a actividade chegará ao IES Pino Mando, ao colexio Santo Tomás, ao centro educativo Hermanos Quiroga, ao CEIP da Ribeira e, por último, ao CEIP Fernández López.

Os obradoiros, baseados en técnicas de movementos creativos e música de diferentes culturas, promoven a creatividade, o autocoñecemento corporal, a cooperación, o respecto e a socialización, ao tempo que permiten liberar tensións e aprender de maneira lúdica. A maiores, o seu obxectivo principal é ofrecer ao alumnado unha forma diferente e divertida de facer exercicio.

O alcalde do Porriño, que participou xunto co alumnado na primeira das sesións realizadas, declarou que «é un pracer ver como a danza e a música poden acompañar aos nosos nenos e nenas no seu desenvolvemento, fomentando non só a saúde física, pois é unha maneira diferente de facer exercicio; senón tamén a creatividade, a cooperación e o respecto polos demais. Estas xornadas son un exemplo de como a educación pode ser divertida e formativa á vez, e seguiremos apostando por iniciativas que acheguen alegría e aprendizaxe ao noso alumnado».

Pola súa parte, a concelleira de Educación, Carolina González, explicou que «estes obradoiros constitúen unha proposta pedagóxica coherente cos principios da educación integral, emocionalmente conectada e centrada no benestar e desenvolvemento harmónico do alumnado, potenciando aprendizaxes significativas e duradeiras nun contexto dinámico».

Tracking Pixel Contents