Arte
«Crebas e peixes», unha mostra de arte para ver en Tui
A exposición estará aberta ata o 5 de xaneiro do vindeiro ano
A Sala Municipal de Exposicións do Concello de Tui, ubicada no edificio Francisco Sánchez, acolle a mostra «Crebas e peixes», unha proposta singular que une as pinturas de Xavier Álvarez Blázquer coas pequenas «esculturas» de Alfonso Álvarez Cáccamo, falecido en marzo do pasado ano.
Así. a exposición reúne os peixes pintados de Xavier Álvarez Blázquez e as crebas, os restos de naufraxios ou cargas dos barcos que o mar arrastra ata a costa, rescatadas e transformadas por Alfonso Álvarez Cáccamo.
O crítico de arte Carlos L. Bernárdez destaca no catálogo o valor reflexivo da mostra, que «xoga co significado da palabra creba, xa no título, como espazo material e evocativo» e asegura que «as pinturas de Xavier son un exemplo de como o punto de partida estético permite abrir a visión para transformar a percepción e o pensamento».
Pola súa parte, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente Solla, subliña que a exposición une «calidade artística e emoción», mantendo viva a ligazón da familia Álvarez coa cidade de Tui.
«Crebas e peixes» poderá visitarse ata o 5 de xaneiro de 2026, de luns a venres en horario de 9 a 14 horas e de 15:30 a 20:30 horas; e os sábados de 9 a 13 horas. A sala permanecerá pechada os domingos e os festivos.
- Redondela leva a maxia do Nadal ás súas trece parroquias
- A música toma Salceda en novembro
- Redondela di «ante a violencia machista, resposta universal»
- Fin de semana teatral en Tomiño, con espectáculos premiados
- Covelo dá a benvida ao Nadal cun mes cheo de tradición, cultura e solidariedade
- Arantei dá a benvida ao viño novo
- Tofu cobrará vida este ano: así é o videoxogo que nace en Arbo
- «Éxito rotundo» na IV Festa Furancheira de San Xurxo, en Salceda