A campioa do mundo, Patricia Martínez, homenaxeada na terra

Patricia Martínez durante o acto homenaxe en Mos. | // D.P.
O Concello de Mos celebrouun emo tivo acto de homenaxe á deportista Patricia Martínez, recentemente proclamada en San Marino campioa do mundo CSIT Adult Master Rising Star Standard.
O evento, que tivo lugar no Pavillón Municipal Patricia Martínez, reuniu a familiares, amizades e representantes do deporte local.
Durante o acto, a alcaldesa Nidia Arévalo entregoulle á bailarina varios agasallos institucionais, entre eles o Pin de Ouro de Mos, máxima distinción municipal. A rexedora destacou a Patricia como «un exemplo de esforzo, constancia e paixón, e un orgullo para todo Mos».
Patricia Martínez, que iniciou a súa carreira en Mos en 1998 e a día de hoxe compite a nivel internacional xunto Jacopo Casotto, acumula 19 títulos de campioa de España e numerosos logros mundiais.
- Redondela leva a maxia do Nadal ás súas trece parroquias
- A música toma Salceda en novembro
- Redondela di «ante a violencia machista, resposta universal»
- Fin de semana teatral en Tomiño, con espectáculos premiados
- Covelo dá a benvida ao Nadal cun mes cheo de tradición, cultura e solidariedade
- Arantei dá a benvida ao viño novo
- O I Rondallas Fest unirá tradición e cinema no Pazo de Mos
- Tui, capital cultural para celebrar 800 anos