Música
A Banda de Música de Arbo celebra Santa Icía cun concerto
Tomás Alonso López será o encargado de ndirixir a xornada y Terá lugar no Auditorio de Arbo

O director da banda, Tomás Alonso, durante un concerto. | // D.P.
O Concello de Arbo acollerá hoxe o tradicional concerto de Santa Icía ofrecido pola Banda de Música de Arbo, con motivo do patrón dos músicos que se celebra cada ano o 22 de novembro.
O evento dará comezo ás 19 horas no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo e contará como anfitriona a Banda de Música de Arbo. A maiores, como é costume, haberá solistas invitados.
Nesta ocasión, os dous solistas serán Xavier Puga Rodríguez, que tocará o clarinete; e Luís Martínez Gómez, que fará vibrar o saxo.
A xornada estará dirixida polo director da Banda de Música de Arbo, Tomás Alonso López.
Joaquín Vázquez, Ricardo Costas e Carlos Campos foron os solistas protagonistas na edición de 2024, unha edición que contou cunha alta participación do público.
A banda conta con varios premios a nivel nacional e internacional, como o primeiro premio e a Mención de Honra no Certame Internacional Ciudad de Valencia, acabado en 1999. Ademais, tamén conta con múltiples galardóns en certames provinciais de Pontevedra e en eventos galegos celebrados entre 2002 e 2015.
Dende a Banda de Música de Arbo agradecen «o apoio de toda a comunidade» e encagen que «animan a todos as persoas interesadas a participar nesta celebración anual que xa se converteu nunha tradición no calendario cultural do municipio e desfrutar dun concerto único».
- Redondela leva a maxia do Nadal ás súas trece parroquias
- A música toma Salceda en novembro
- Redondela di «ante a violencia machista, resposta universal»
- Fin de semana teatral en Tomiño, con espectáculos premiados
- Covelo dá a benvida ao Nadal cun mes cheo de tradición, cultura e solidariedade
- Arantei dá a benvida ao viño novo
- «Éxito rotundo» na IV Festa Furancheira de San Xurxo, en Salceda
- Tui, capital cultural para celebrar 800 anos