Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Tradición

300 quilos de castañas para os magostos de Nigrán

As asociacións recibiron arredor de 60 quilos cada unha

[Nigrán]

O Concello de Nigrán achega este ano e máis de 300 quilos de castañas ás diferentes entidades locais para a celebración dos seus magostos. En total, recibiron este produto a Asociación de Veciños Monteferro-Panxón, o Centro Cultural Bolos da Carrasca, a Asociación de Veciños de Camos e o Centro Cultural A Camoesa, así como o Centro Cultural de Priegue e o das Angustias. Cada entidade contou con arredor de 60 quilos de castañas facilitadas polo Concello.

A maioría dos magostos tiveron lugar o pasado sábado, en Camos, A Carrasca e Panxón, mentres que as celebracións de Priegue e As Angustias se desenvolverán o sábado 22 de novembro.

O alcalde de Nigrán, Juan González, destacou que o Concello aposta por fomentar estas celebracións nas distintas parroquias, en lugar de organizar un único magosto municipal. «Hai anos que optamos por achegar castañas a cada asociación que nolo pida, porque consideramos que é unha tradición popular galega que se debe preservar en cada barrio», explicou o rexedor.

González engadiu ademais que, se algunha outra entidade do municipio decide organizar tamén o seu propio magosto, o Concello comprométese a fornecerlle as castañas necesarias.

Tracking Pixel Contents