Espectáculos
O teatro amador continúa mañá en Nigrán da man de Teatro do Ar
Entre os domingos 2 e 16 deste mes representaranse catro obras de diferentes compañías de Galicia

Ditea actuará o próximo día 8 de novembro. | // D.P.
Nigrán volve volve apostar polo teatro amador nas fins de semana de novembro. Farao da man da compañía local Teatro do Ar, responsable ademais da actividade municipal. Así, en colaboración con FEGATEA, diferentes compañías de teatro amador pasarán polo Auditorio Municipal os días 2, 8, 9 e 16 de novembro.
O circuíto o abre mañá ás 19.00 horas o grupo Pico do Castro (Foz) coa obra «Trato a cegas», unha peza de humor galega escrita polo grupo teatral galeguista «Mal de moitos» en 1921. A obra satiriza as estafas e o engano dos cegos esmoleiros das aldeas e romarías galegas da época.
O ciclo continúa o sábado 8 de novembro ás 20.00 horas co grupo «Teatro de Cámara Dítea» (Santiago de Compostela) representando a comedia «Un mal día teno calquera», que comeza cando Paco e Cristina, a pesar da súa mala situación económica, convidan aos seus amigos a unha cea de Nadal na súa casa.
O domingo 9 de novembro ás 19.00 horas chegará a Nigrán o grupo Troate Laboratorio (Coruxo) coa súa farsa «Feituras», composta por tres obras: «Acto sen palabras» , de Samuel Beckett; «Estudio en branco e negro», de Virgilio Piñera e «Galimatías Dramático», de Voltaire.
Por último, o 16 de novembro pechará o circuíto de teatro o grupo Atrezo Teatro (O Porriño) ás 19.00 horas coa obra «Silencio», que xira ao redor da seguinte cuestión: «Se os que supostamente teñen que coidarnos, protexernos fannos trampas e ordenan silencio. Se facemos caso e calamos so quedará o silencio… Rompamos o silencio».
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- Baiona acollerá o próximo sábado o XII Trail Serra da Groba
- «A longo prazo, márcome o obxectivo moi ambicioso de estar en Los Ángeles»
- O Club de Lectura Begoña Gil recibe a Cynthia Menéndez
- Domingo de Samaín en Redondela
- Redondela di «ante a violencia machista, resposta universal»
- Volve o Cocido Cañicense cunha nova semana gastronómica
- Arantei dá a benvida ao viño novo