Festas
O Porriño celebra o Samaín dando cabazas
Máis de 450 calacús elaborados por escolares decoraron as rúas e comercios

Presentación da programacion de Samaín. | // D.P.
O Porriño viviu onte unha intensa xornada de Samaín, na que o medo e a creatividade foron protagonistas. O Concello organizou tres propostas principais: unha exposición de cabazas decoradas polo alumnado dos centros educativos do municipio, un túnel do terror na Casa Consistorial e un desfile performance dirixido por Pablo Méndez, que levou a maxia e a teatralidade ás rúas da vila.
A celebración, promovida pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) e pola Concellería de Educación, contou coa implicación do alumnado de Educación Primaria dos colexios do Porriño, da asociación Aceesca e de Afaga. En total, presentáronse 454 cabazas, nas que participaron 857 estudantes. As creacións, realizadas con liberdade temática e técnica, expuxéronse desde o xoves 30 de outubro nos escaparates e entradas dos comercios colaboradores, así como na Casa Consistorial e nos soportais da zona peonil.
O día grande da festa celebrouse onte, coa apertura do túnel do terror instalado no interior da Casa Consistorial. O edificio municipal transformouse completamente para a ocasión, cunha ambientación especial que incluíu iluminación, sons arrepiantes e decoracións temáticas.
O percorrido contou con dous pases diferenciados: un infantil, e outro para público adulto, de 20.15 a 22.00 horas, con maior intensidade e sustos reservados para os máis valentes.
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- Baiona acollerá o próximo sábado o XII Trail Serra da Groba
- «A longo prazo, márcome o obxectivo moi ambicioso de estar en Los Ángeles»
- O Club de Lectura Begoña Gil recibe a Cynthia Menéndez
- Domingo de Samaín en Redondela
- Volve o Cocido Cañicense cunha nova semana gastronómica
- Arbo celebra mañá o seu Magosto de exaltación outonal
- «Destino, unha peregrinación de Manuel Valcárcel» para en Tui