Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Concursos

Covelo busca imaxes para o seu calendario

Baixo o lema «Covelo, Cultura, Turismo e Patrimonio», o certame busca destacar a beleza, identidade e riqueza patrimonial do municipio

Fotografía gañadora en 2024.   | // D.P.

Fotografía gañadora en 2024. | // D.P.

[Covelo]

O Concello de Covelo vén de anunciar a convocatoria da sexta edición do seu Concurso de Fotografía, coa que se elaborará o calendario municipal de 2026. A iniciativa, que leva por título «Covelo, Cultura, Turismo e Patrimonio», pretende promover a participación cidadá e poñer en valor os atractivos naturais, culturais e patrimoniais do municipio.

O certame está aberto a todas as persoas afeccionadas á fotografía, tanto veciñas como visitantes que, ao longo do ano, recollen imaxes de paisaxes, costumes, eventos e lugares emblemáticos de Covelo. O calendario, que se editará o vindeiro ano, converterase nun escaparate visual do concello, amosando a súa diversidade e identidade a través da mirada das persoas participantes.

Poderá participar calquera persoa interesada, e no caso de menores de idade, deberán contar coa autorización paterna ou titorial. Non poderán concorrer os empregados municipais nin os membros da Corporación.

O concurso establece tres premios: un curso intensivo de fotografía de dous días para o primeiro clasificado; dúas ampliacións fotográficas de 40x30 cm para o segundo premio; e unha ampliación coas mesmas características para o terceiro.

As fotografías poderán presentarse ata o 27 de novembro de 2025 ás 13:30 horas, na Biblioteca Municipal de Covelo, de luns a venres, en horario de mañá e tarde.

As bases completas están dispoñibles na web municipal www.concellodecovelo.com

O alcalde, Juan Pablo Castillo Amigo, anima a participar: «Queremos que este calendario sexa o reflexo do noso pobo, das nosas paisaxes, festas e tradicións. Covelo é cultura, turismo e patrimonio, e este concurso é unha oportunidade para amosalo a través da fotografía».

Tracking Pixel Contents