Degustación
Comeza a ruta de pinchos máis esperada do Porriño
A cita gastronómica celebrarase todos os venres e sábados do mes
Novembro chega ao Porriño cun dos eventos máis agardados do ano, a Ruta de Petiscos e Tapas «D’Gusta Porriño», que se celebrará todos os venres e sábados do mes, de 19.00 a 23.00 horas, en 32 establecementos de hostalería do municipio.
Durante toda a ruta poderanse degustar desde petiscos tradicionais, como ovos rotos con zorza ou pementos de piquillo recheos, ata propostas máis innovadoras, como o pan brioche pulled pork con cebola encurtida e salsa de queixo ou o lombo de sardiña afumado con pementos confeitados sobre tosta de pan do Jandaya. E non faltarán tampouco opcións con nome sorpresa como kikirikí no seu niño ou currichiño repeinado nas berzas.
O prezo dos petiscos será de 1,50 euros e os asistentes poderán participar ademais nun sorteo. Por cada consumición recibirase un cupón que, unha vez completo con catro selos de locais diferentes, poderá depositarse nalgún dos establecementos participantes. Entre todos os cupóns sortearanse un vale de 500 euros e dez vales de 50 euros para gastar na hostalaría e o comercio do Porriño.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, destaca que «esta ruta é xa unha das citas máis queridas e saborosas do noso calendario festivo».
- Baiona acollerá o próximo sábado o XII Trail Serra da Groba
- «A longo prazo, márcome o obxectivo moi ambicioso de estar en Los Ángeles»
- O Club de Lectura Begoña Gil recibe a Cynthia Menéndez
- Domingo de Samaín en Redondela
- Redondela di «ante a violencia machista, resposta universal»
- Volve o Cocido Cañicense cunha nova semana gastronómica
- Arantei dá a benvida ao viño novo
- Arbo celebra mañá o seu Magosto de exaltación outonal