Igualdade
Café para aprender sobre xénero
Os «Cafés en igualdade» volven ao Rosal con reflexión sobre pornografía, a cultura da violación ou os piropos

Último ciclo de «Cafés en igualdade», no mes de maio. | // D.P.
O Rosal convértese de novo nun espazo para fomentar o pensamento crítico e a reflexión colectiva sobre xénero, feminismo e coidados coa chegada dunha nova edición dos «Cafés en Igualdade», encontros mensuais destinados a abordar cuestións de actualidade dende distintas perspectivas achegándose a situacións da vida cotiá da veciñanza.
A primeira cita foi este xoves, nas Brasas, coa charla «A pornografía. O seu impacto na mocidade», impartida pola educadora social e axente de igualdade Lucía Pereza. A segunda sesión celebrarase o 27 de novembro na Tapería A Praza, centrada na cultura da violación e a violencia que a sociedade normaliza, a cargo da educadora social Angelina Gándara. O ciclo pecharase o 18 de decembro na Liga, coa charla «Os piropos. Comentarios positivos ou acoso?», impartida pola traballadora social especializada en saúde, sexualidade e xénero Sabela Salgueiro. Todas as sesións serán de balde e abertas á participación da veciñanza.
A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández Callís, subliñou o éxito que colleita cada nova edición dos «Cafés en Igualdade», «unha oportunidade única para pensar e dialogar sobre temas que afectan a todos e todas, fomentando o pensamento crítico e a conciencia social. Estes encontros permiten seguir revolucionando mentes, achegarse á realidade do día a día e aprender xuntas e xuntos a construír unha comunidade máis igualitaria».
Pola súa banda, a concelleira de Igualdade, Beatriz Rodríguez, destacou que «este ciclo de charlas reforza o compromiso do Concello coa igualdade e coa prevención de diferentes violencias. Queremos crear espazos seguros onde a veciñanza poida reflexionar, compartir experiencias e adquirir ferramentas para construír relacións máis respectuosas e libres de estereotipos».
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- Baiona acollerá o próximo sábado o XII Trail Serra da Groba
- «A longo prazo, márcome o obxectivo moi ambicioso de estar en Los Ángeles»
- O Club de Lectura Begoña Gil recibe a Cynthia Menéndez
- Domingo de Samaín en Redondela
- Volve o Cocido Cañicense cunha nova semana gastronómica
- Arbo celebra mañá o seu Magosto de exaltación outonal
- «Destino, unha peregrinación de Manuel Valcárcel» para en Tui