Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Lecer

Arbo celebra mañá o seu Magosto de exaltación outonal

A partir das 17:00 haberá castañas e chourizos de balde. O encontro terá lugar na Praza do Concello, con 100 quilos de castañas e 50 de chourizos

Magosto Popular de Arbo na súa edición de 2024. 
  | // D.P.

Magosto Popular de Arbo na súa edición de 2024. | // D.P.

[Arbo]

A vila de Arbo dará a benvida ao mes de novembro por todo o alto co seu tradicional Magosto Popular mañá, domingo 2 de novembro, nunha xornada pensada para preservar as tradicións e fortalecer os lazos comunitarios. O encontro comezará ás 17.00 horas na Praza do Concello, cun programa que combina música, gastronomía e tradición.

Durante a tarde, as persoas asistentes poderán gozar da actuación da Charanga Imperiais, que animará o ambiente cun repertorio festivo e participativo. A música compartirá protagonismo coa degustación gratuíta de castañas asadas e chourizos, dous dos produtos máis emblemáticos do outono galego.

En total, repartirase arredor de 100 quilos de castañas e 50 quilos de chourizos.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, subliña que o obxectivo da iniciativa é «seguir promovendo as nosas tradicións, brindando un espazo de encontro onde veciños e visitantes poidan lembrar e gozar dos costumes que conforman a nosa identidade cultural». O magosto pretende ser así un punto de reunión para familias, amizades e comunidade, combinando lecer, cultura e identidade local.

A celebración insírese nun calendario anual de eventos que fomentan a cultura popular e o desenvolvemento social, reforzando o papel do magosto como patrimonio inmaterial, aportando por tratar de garantir a transmisión destas expresións culturais de grande valor antropoloóxico ás novas xeracións.

Samaín

Este Magosto Popular chega para pechar unha fin de semana de auténtica exaltación outonal, que coomezara onte coa celebración do Samaín. A cita tivo lugar no Centro Multiusos de Arbo, e reuniu a un gran número de familias que participaron nunha tarde chea de actividades, creatividade e diversión para a cativada da vila.

Durante o evento desenvolvéronse obradoiros de pintacaras, creación de cabazas decorativas, contacontos, xogos populares e concursos de disfraces e cabazas, así como animacións musicais e coreografías infantís que encheron o recinto de cor e alegría. O espazo estivo decorado con motivos propios do Samaín, creando un ambiente máxico que convidaba á participación e ao espírito festivo.

Un equipo de monitores e monitoras especializados encargouse de acompañar á cativada en cada actividade, garantindo a seguridade e o bo desenvolvemento das propostas. As familias valoraron moi positivamente a iniciativa.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, subliñou que «Samaín 2025 reflicte a aposta do Concello por diversificar as opcións culturais e de lecer, promovendo ao mesmo tempo o coñecemento das nosas raíce». Engadiu tamén que actividades como esta «axudan a fortalecer os lazos comunitarios e a fomentar o orgullo pola identidade local».

A entrada foi de balde, permitindo que todas as familias puidesen gozar do evento.

A festa prolongouse ata as 21.00 horas, nun ambiente seguro, participativo e cheo de entusiasmo.

Tracking Pixel Contents