Seráns
A Quinta do Piñeiro celebra a Festa da Esfollada
A cita será hoxe na Área Recreativa Muíño da Ponte de Corzáns
A Asociación Cultural Quinta do Piñeiro organiza hoxe unha nova edición da tradicional Festa da Esfollada do millo na Área Recreativa Muíño da Ponte, situada en Corzáns, no concello de Salvaterra de Miño.
A xornada dará comezo ás 16:30 horas e estará centrada na recolleita e esfollada popular do millo, unha actividade que busca manter viva unha das tradicións máis representativas do outono galego. Ademais, haberá animación infantil a cargo de Barafunda, para que tamén os máis pequenos poidan desfrutar da festa, e a música en directo do grupo Sons da Raia, que porá o ritmo durante a tarde.
Haberá chouripáns á venda, e a celebración rematará cun magosto con castañas de balde para todos os asistentes, recuperando así o ambiente de convivencia e festa das antigas esfolladas nas aldeas.
Desde a Asociación Cultural Quinta do Piñeiro convidan a veciñanza e visitantes a participar nesta xornada de troula e tradición, e lembran tamén que xa está á venda a súa lotería de Nadal, coa que colaboran na financiación das súas actividades culturais ao longo do ano.
- Baiona acollerá o próximo sábado o XII Trail Serra da Groba
- «A longo prazo, márcome o obxectivo moi ambicioso de estar en Los Ángeles»
- O Club de Lectura Begoña Gil recibe a Cynthia Menéndez
- Domingo de Samaín en Redondela
- Redondela di «ante a violencia machista, resposta universal»
- Volve o Cocido Cañicense cunha nova semana gastronómica
- Arantei dá a benvida ao viño novo
- Arbo celebra mañá o seu Magosto de exaltación outonal