Institucións
O IES de Mos conmemora 30 anos de vida cunha homenaxe
Na gala participou un estudante de cada unha das promocións que pasaron polo instituto

A gala acumulou numerosos momentos emotivos. | // D.P.
O Multiusos de As Pozas acolleu o acto central de conmemoración do 30 aniversario do IES de Mos, unha celebración chea de lembranzas que reuniu á comunidade educativa, representantes institucionais e antigas xeracións do centro.
A gala, conducida polo exprofesor Juan Legazpi, contou coa participación dun alumno ou alumna en representación de cada promoción, incluíndo tamén o ciclo formativo de Servizos Comerciais. En total, máis de 20.000 mozos e mozas pasaron polas aulas do instituto ao longo destas tres décadas.
Un dos momentos máis destacados foi a intervención do exalcalde Justo González Ballesta, impulsor do proxecto durante o seu mandato, quen definiu o IES de Mos como «o proxecto máis important» do municipio. Pola súa parte, a alcaldesa Nidia Arévalo felicitou ao centro e á súa comunidade educativa, subliñando que «o IES de Mos é un orgullo para todo o municipio, un espazo de aprendizaxe e convivencia que forma persoas, crea vínculos e constrúe futuro para Mos».
Tamén interviñeron Conchi Villamarín, conserxe do instituto dende a súa apertura; as exdirectoras Begoña Pérez, Anxos Vázquez e Begoña Villalón; a presidenta da AMPA, María José Ramos, e o exprofesor Eduardo Gómez.
A directora actual, Azuzena Matilde, pechou o acto recibindo un detalle conmemorativo das mans da alcaldesa e da concelleira de Educación, Julia Loureiro.
A parte musical correu a cargo de Ismael Pato, Eduardo Mariño e Manuel Martínez.
- Baiona acollerá o próximo sábado o XII Trail Serra da Groba
- «A longo prazo, márcome o obxectivo moi ambicioso de estar en Los Ángeles»
- O Club de Lectura Begoña Gil recibe a Cynthia Menéndez
- Domingo de Samaín en Redondela
- Redondela di «ante a violencia machista, resposta universal»
- Volve o Cocido Cañicense cunha nova semana gastronómica
- Arantei dá a benvida ao viño novo
- Arbo celebra mañá o seu Magosto de exaltación outonal