O Fegateatro de Nigrán continúa este domingo con Novo Amencer

Novo Amencer, de Achádego Teatro. | // D.P.
[Nigrán]
Nigrán continúa este domingo, 19 de outubro, coa programación do ciclo Fegateatro con Novo Amencer, do grupo lucense Achádego Teatro. A función será ás 19:00 horas no Auditorio Municipal, con entrada de balde ata completar cabida.
A obra é unha comedia que reflexiona sobre as falsas crenzas, os líderes de barro e a inocencia, así como sobre aqueles que se aproveitan dela. Trátase dunha crítica distópica ambientada nunha comunidade peculiar.
O ciclo Fegateatro pecharase o sábado 25 de outubro coa representación de María Castaña, a cargo do grupo Avelaíña Teatro, de Mourente. Este programa forma parte do quinto convenio asinado polo Concello de Nigrán coa Federación Galega de Teatro Amador.
- As mulleres cazadoras protagonizan unha xornada simbólica
- Baiona acollerá o próximo sábado o XII Trail Serra da Groba
- «A longo prazo, márcome o obxectivo moi ambicioso de estar en Los Ángeles»
- O Club de Lectura Begoña Gil recibe a Cynthia Menéndez
- Domingo de Samaín en Redondela
- Volve o Cocido Cañicense cunha nova semana gastronómica
- Arbo celebra mañá o seu Magosto de exaltación outonal
- «Destino, unha peregrinación de Manuel Valcárcel» para en Tui