Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

Inclusión

Novo curso avanzado de LSE en Tomiño

Aberta a inscrición para esta formación que se desenvolverá de outubro a xaneiro

[Tomiño]

O Concello de Tomiño ofrece un novo curso avanzado de lingua de signos española organizado pola Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX).

Dirixido a persoas que xa conten cun nivel A1 nesta lingua, o curso permitirá seguir ampliando competencias e afondar no uso práctico da comunicación con persoas xordas ou con dificultades auditivas. A formación celebrarase no Espazo Isaura Gómez os sábados 25 de outubro, 8, 15, 22 e 29 de novembro, 20 e 27 de decembro e 3, 10 e 17 de xaneiro, en horario de 10.00 a 13.00 horas. En total serán 30 horas de formación cun custo de 20 euros por participante.

As prazas son limitadas e a inscrición xa está aberta a través da web municipal. A actividade busca seguir avanzando cara a unha sociedade máis aberta, respectuosa e empática coa diversidade.

A alcaldesa de Tomiño, Sandra González, destacou a importancia deste tipo de iniciativas, lembrando que «a lingua de signos é moito máis ca unha ferramenta de comunicación; é unha ponte cara á inclusión, o respecto e a igualdade de oportunidades». Engadiu ademais que o Concello seguirá promovendo accións formativas que fomenten «unha convivencia baseada na empatía, a accesibilidade e a participación de todas as persoas».

Tracking Pixel Contents