Literatura
Tui revive os Xogos Florais con poesía e música electrónica
«Cintaadhesiva» protagoniza o acto central da conmemoración- do aniversario

Cintaadhesiva nunha imaxe de arquivo. | // CINTAADHESIVA
Esta semana celebrouse no Espazosociocultural da rúa Camilo José Cela un espectáculo de poesía e música a cargo do dúo «Cintaadhesiva», composto pola poeta Silvia Penas e o músico Jesús Andrés Tejada.
A actividade enmarcouse na programación do Concello de Tui para conmemorar o CXXXIV aniversario dos Xogos Florais de Galicia, celebrados na cidade entre o 24 e o 26 de xuño de 1891.
O público asistente puido gozar dunha proposta escénica intensa e envolvente que mesturou versos recitados e temas cantados, cun fondo sonoro baseado na música electrónica.
As creacións de Tejada, con reminiscencias do post-rock, dream pop e ambient, acompañaron a palabra poética de Penas, nun diálogo artístico que reflexionou sobre as formas de actuar do ser humano e diferentes ámbitos sociais.
O espectáculo destacou tamén pola súa mirada crítica e o seu marcado posicionamento feminista.
A concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente Solla, destacou que esta proposta achegou a Tui unha das voces máis suxestivas da poesía galega actual, subliñando o compromiso do Concello coa lingua e a creación contemporánea.
Desde hai anos, o Concello de Tui conmemora esta efeméride cun recital poético que lembra o carácter fundacional dos Xogos Florais de 1891, primeiro acto público realizado integramente en galego na etapa contemporánea.
Aquel evento histórico, organizado pola Asemblea Rexionalista Galega, marcou un fito na defensa da lingua e da identidade culturais galegas, valores que hoxe se manteñen vivos nesta celebración.
- Adiós a los toldos: Ikea lanza el nuevo invento para tener sombra en casa durante todo el año
- El ave que se «come» a la velutina
- La Xunta dará bonos de 50 euros para comprar pescado a partir del 28 de julio
- Jóvenes de otras comunidades se lanzan a la compra de aldeas ‘ganga’ en Galicia
- Vigo activa la venta de entradas para los conciertos de Castrelos: horarios, límites y consejos
- Gran despliegue de medios para sofocar un incendio forestal entre Pontevedra y Marín
- Las bodas de plata de Míchel Salgado y Malula Sanz: algunos de los invitados ya están en Vigo
- El Celta pone el foco en Bryan y Carles