Deporte

«Solpores de Vida» o programa que combina natureza e deporte

As actividades comezarán ás 20:30 horas y Serán de balde

[Baiona]

Baiona acollerá durante os meses de xullo e agosto o programa «Solpores de Vida», un innovador programa que combina deporte, enerxía e beleza natural.

A iniciativa, promovida a través da Concellería de Deportes e Actividades Marítimas do Concello de Baiona, busca promover o benestar, a saúde e o goce en comunidade.

Así, cada día estará adicado a unha actividade entre as cales se atopan: baile de salón, zumba, ioga na praia, pilates e adestramento HIT.

Cada actividade realizarase en diferentes escenarios do municipio, destacando sempre a contorna natural. O horario será sempre o mesmo, de 20:30 horas a 21:30 horas, coincidindo coa hora do atardecer.

Deste xeito, as clases de baile de salón terán lugar os luns do mes de agosto no Paseo Pinzón; as clases de zumba serán na mesma ubicación durante os martes dos meses de xullo e agosto; os mércores do mes de xullo será a quenda do obradoiro de ioga e saúde mental na Praia de Frades e pola contra, os mércores de agosto haberá clases de pilates no Paseo Pinzón. Por último, os xoves tanto de xullo como agosto, terán lugar as clases de adestramento HIT - Alto impacto no Paseo Pinzón.

As actividades son gratuítas para todas as persoas que decidan participar.

O alcalde do Concello de Baiona, Jesús Vázquez Almuíña, considera que esta é «a oportunidade perfecta para gozar do deporte, a natureza e os hábitos saudables nun escenario privilexiado».

O rexedor local anima á participación, aseverando que «dende o Concello convidamos a toda a comunidade a sumarse a esta experiencia vibrante e saudable, onde a enerxía, a natureza e as cores do atardecer únense para crear momentos inesquecibles en lugares insólitos da nosa vila».

Tracking Pixel Contents