Ocio e cultura nos mellores escenarios

Festivais

«Solpor Monteferro» abrirá o 4 e 5 de xullo a programación estival negranesa.   | // D.P.

«Solpor Monteferro» abrirá o 4 e 5 de xullo a programación estival negranesa. | // D.P.

[Nigrán]

O verán de Nigrán mídese nos seus festivais, que ano tras ano batallan por converterse nos máis senlleiros da programación sociocultural de verán.

O 18 e 19 de xullo, Nigranjazz convertirá Nigrán en capital jazz.  | //D.P.

O 18 e 19 de xullo, Nigranjazz convertirá Nigrán en capital jazz. | //D.P.

Así, neste mes de xullo, que pronto comeza, non faltarán no calendario municipal os seus eventos máis aclamados, como son «Solpor Monteferro» no miradoiro (4 e 5 de xullo); no esteiro de A Foz «Cinema a Pedal» (10 ao 12 de xullo ) e «Nigranjazz» (18 e 19 de xullo); «Reggaeton Beach Festival’» en Porto do Molle (26 e 27 de xullo) ou a divertida concentración de artefactos flotantes «Flota como Poidas»» na desembocadura do río Miñor (27 de xullo).

Cinema a Pedal axuntará cultura e ecoloxía do 10 ao 12 de xullo.   | //D.P.

Cinema a Pedal axuntará cultura e ecoloxía do 10 ao 12 de xullo. | //D.P.

En agosto o Concello seguirá tamén na sintonía dos pasados anos co gaiteiro Carlos Núñez en Monteferro como prato forte no seu inicio (2 de agosto); o festival míudo «Parrulas Fest» no esteiro de A Foz (do 4 ao 7 de agosto); «Cine no Muíño» en Porto do Molle (11 e 18 de agosto); «Nigranblues» en Gaifar (16 de agosto) e Chandefolk en Chandebrito (23 de agosto).

Programación

Toda a programación polo míudo será pendurada na web municipal www.nigran.es, no momento no que estea dispoñible. Poderá atoparse no apartado «Próximos Eventos») e ao longo do verán iranse engadindo máis actividades e todas as novidades ainda por vir.

Deporte

Os eventos deportivos clásicos tampouco faltarán á tradicional cita de verán. Estes arrancan coa décima edición do torneo de rugbi-praia «Melgachos» en Praia América, continuará cos nadadores de «Costa Serena» o domingo 13 de xullo e haberá «Ioga no Solpor» en Patos todos os martes e xoves de xullo e agosto; ademais das xa tradicionais actividades deportivas na praia.

Outros eventos

Polo medio intercálanse eventos como a feira de antigüidades o 5 e 6 de xullo no Pavillón de Panxón, o concerto de habaneras da coral Novos Aires o día 5 de xullo; a sardiñada de Monteferro o 6 de xullo; o tradicional encontro de violonchelistas «Soncello» que culminará con tres concertos en diferentes localizacións (13, 15 e 17 de xullo); o «Día dos Avós» o 26 de xullo; as festas de San Fiz, patrón de Nigrán, o 31 de xullo e 1 de agosto; a Festa dos ovos con chourizo de Parada o 8 de agosto, o mesmo día o concerto de Rubén Simeó; romería no muíño de Porto do Molle o 9 de agosto; o festival DJ Atlantica Beach Party o 14 de agosto en Praia América; concerto de De Vacas o 15 de agosto ou de Serafín Zubiri o 30 de agosto.

O alcalde de Nigrán explica sobre a liña de programación estival pola que o Concello optou este verán que: «seguimos na mesma liña que os anos anteriores, apostando por diferentes eventos e festivais pensados en todo tipo de públicos e que, de xeito contrastado, sabemos que funcionan e que son moi agardados».

Tracking Pixel Contents