O Rosal celebra o Orgullo con reflexión e cultura pola diversidade
O Rosal celebrou o Día Internacional do Orgullo con dúas xornadas de actividades centradas na diversidade, os afectos e a creación artística desde unha perspectiva LGTBIQ+.
O Concello, en colaboración co Proxecto VÍA, organizou esta semana unha programación aberta e gratuíta, pensada para toda a veciñanza.
A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, subliña que esta proposta busca «seguir loitando contra os prexuízos, continuar aprendendo, compartir experiencias e fortalecer o compromiso coa diversidade e o respecto polas persoas».
Os «Faladoiros no Xardín» volveron reunir voces do ámbito cultural e social para reflexionar sobre identidades, corpos e narrativas diversas. A primeira cita foi o mércores, cun coloquio sobre audiovisual e literatura galega contemporánea no que participaron Ánxela Lema París, Branca Trigo Cabaleiro e Pablo Rodríguez.
Tamén tivo lugar a proxección da serie Delirio Sketchs, cun coloquio posterior coa súa directora, Bea Saián, quen afondou no proceso creativo e na importancia de contar con historias diversas desde o humor crítico e a disidencia.
A programación continuou o xoves coa charla «Máis que un arco da vella», onde a investigadora e escritora Sara Uris abordou o Orgullo, a historia e a representación LGTBIQ+ na literatura e no cinema.
Todas as actividades forman parte do programa municipal Revolucionando mentes e contan con financiamento do Pacto de Estado do Ministerio de Igualdade.
Desde o Concello, insisten na necesidade de construír espazos seguros e respectuosos onde todas as persoas poidan vivir e expresarse con liberdade.
- Rescatan en Vigo a un hombre desaparecido que llevaba 11 días oculto entre rocas en Tombo do Gato
- Multa de 10.000 euros y 3 meses sin licencia para el furtivo de los 800 kilos de pulpo
- El grupo de israelíes expulsado por un hostelero de Vigo: «Le dijimos que estaba manipulado por los medios, que no conoce la verdad»
- Detectan «barbaridades» en las embarcaciones de recreo
- Una asociación pedirá anular judicialmente la concesión de la Medalla de Galicia a Leonor
- El empresario detenido por la UCO en Santiago es uno de los tres cabecillas de la red criminal que defraudó 69 millones
- Muere Marta Jiménez, colaboradora de ‘El Hormiguero’, durante un salto base en Huesca con tan solo 34 años
- Las rampas de Gran Vía a Praza América serán semiabiertas y contarán con árboles