Dereitos
O Porriño conmemora hoxe o Día do Orgullo LBGTIQ+
Desde as 16:30 haberá actividades para todos os públicos

A. Lorenzo na presentación de O Porriño Orgulloso. | // D.P.
O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, deu a coñecer este martes a programación do Día do Porriño Orgulloso 2025, que se celebrará hoxe no Paseo do Louro, coincidindo co Día Internacional do Orgullo LGTBI+.
A xornada festiva traduce a conmemoración en celebración, e incluirá unha ampla oferta de actividades pensadas para todos os públicos, que abarcan desde a animación a ta un concerto de Baiuca.
De 16:30 a 20:30 horas haberá inchables de auga e de salto para a cativada, así como obradoiros de tatuaxes temporais e pintacaras. Tamén actuará o Mago Marco ao longo da tarde.
O escenario do Paseo do Louro acollerá concertos desde as 16:00 ata a madrugada.
Participarán artistas como Acoustic, Law, Iker Faure’s Band, Sheila Patricia, As Drags e Orballo Cultural. O momento álxido da noite chegará ás 23:00 coa actuación de Baiuca, que ofrecerá un espectáculo audiovisual.
Outro dos puntos fortes será a Gala Drag Queen, conducida por Marlen Soto e Khrystal De Luxe, coa actuación estelar de Marisa Prisa. A festa completarase con foodtrucks, postos de segunda man, protectoras de animais e máis actividades.
«O Porriño é unha vila orgullosa, aberta, diversa e comprometida coa igualdade real e efectiva», sinalou o alcalde, quen animou á participación cidadá nesta celebración inclusiva.
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- Olvídate de Samil: esta es la playa con el agua más caliente de Galicia (y está casi vacía)
- Jennifer Lopez se marcha de Galicia tan diva como llegó
- Un vecino de Madrid alertó a la Policía de Vigo sobre la expulsión de los israelíes de un local por un «posible delito de odio»
- El pueblo costero en el corazón de Costa da Morte que pocos conocen: un santuario sobre el mar y una cascada preciosa
- Un empresario de Santiago detenido por pertenecer a una organización criminal que defraudó 69 millones de euros con bebidas alcohólicas
- JLo deja una entrada por debajo de lo esperado con 13.500 almas
- Un hostelero de Vigo expulsa a unos israelíes de su restaurante: «En mi bolsillo no puede entrar dinero pagado por ellos»