Solsticio
O Porriño celebrou un San Xoán máxico con 16 fogueiras e sen incidentes
O municipio celebrou o cambio de estación cunha ampla participación veciñal e un dispositivo de seguridade fortemente coordinado

As fogueiras porriñesas foron multitudinarias a pesar de caer a festa en luns. | // D.P.
O Porriño viviu un San Xoán marcado pola tradición, a participación cidadá e a seguridade.

Alejandro Lorenzo asou chourizos para a veciñanza. | // D.P
Un total de 16 fogueiras foron autorizadas polo Concello, das cales oito foron organizadas por entidades veciñais e culturais, e as outras oito promovidas por particulares con permiso municipal. A celebración desenvolveuse sen incidentes grazas á colaboración da veciñanza e ao dispositivo despregado polo goberno local.

O estudantado non perdeu a ocasión de queimar os apuntes. | //D.P.
A cita, considerada unha das máis emblemáticas do calendario festivo e cultural do municipio, foi posible grazas á coordinación de diversas áreas municipais. Desde o Concello, o alcalde Alejandro Lorenzo animou a participar «con entusiasmo pero tamén con responsabilidade», subliñando a importancia da prevención e da cooperación cidadá para garantir unha festa segura. «Queremos que esta noite sexa un punto de encontro para celebrar o inicio do verán, pero tamén unha festa segura», destacou.
As entidades organizadoras das fogueiras foron a Asociación Comisión de Festas da Costeira de Mosende, a Asociación Cultural A Forna de Budiño, a Asociación Cultural Cruz de Budiño, a Asociación Cultural As Mimosas de Carracido, a Asociación de Festas San Benito Albarín, a Asociación de Veciños O Castelo de Cans, o Círculo Recreativo Cultural e a Asociación de Veciños de San Benito e San Sebastián, situada no centro urbano do Porriño.
O concelleiro de Seguridade, Abel Estévez, destacou o labor conxunto de distintos departamentos municipais implicados na celebración. Entre eles, Policía Local, Protección Civil, servizos de limpeza, desbroce, colocación de colectores, iluminación e instalación de baños portátiles. Este traballo permitiu garantir unha cobertura integral antes, durante e despois da festa.
Só se permitiu a queima de madeira natural como leña, polas ou toros, prohibíndose terminantemente materiais perigosos ou contaminantes como plásticos, pneumáticos ou sprays. As persoas solicitantes foron responsables da vixilancia constante das fogueiras e da súa extinción total, sen que estas puidesen quedar desatendidas en ningún momento.
A noite de San Xoán no Porriño pechouse así con éxito, destacando tanto polo respecto ás tradicións como polo cumprimento das normas de seguridade, converténdose nun exemplo de festa participativa e responsable.
- Muere un motorista de O Rosal al chocar con un coche cuyo conductor se dio a la fuga
- El grupo de israelíes expulsado por un hostelero de Vigo: «Le dijimos que estaba manipulado por los medios, que no conoce la verdad»
- Atan, golpean y roban a un nonagenario mientras dormía en su casa de Coruxo
- Nuevo hito mundial de Cardiología del Chuvi: estrena técnica para la estenosis aórtica
- Un chapuzón entre mariscadores
- Davila 16/07/2025
- Giráldez pide tres refuerzos para la delantera, con Borja Iglesias como prioridad
- La UCO busca dinero de mordidas de la trama Cerdán en billetes escondidos en trasteros, azoteas o cuartos de contadores