O mítico grupo Heredeiros da Crus aterra en Arbo este verán

Herdeiros da Crus.   | // D.P.

Herdeiros da Crus. | // D.P.

Lara R. Mira

[Arbo]

O festival Arbo Rock vén de presentar o seu cartel para a nova edición do 2025. O evento, celebrado no Concello de Arbo, terá lugar o sábado 9 de agosto e contará coa participación da mítica banda de rock galega Heredeiros da Crus.

Entre os grupos que actuarán atópanse: Gato López, co seu tributo a SKA-P, Bronco, Significantbizkit e Zurz2 DJ, ademais de Heredeiros da Crus.

A organización promete unha «noite inolvidable». Ademais, recordan que as entradas «xa están á venda». O prezo das entradas anticipadas é de 15 euros máis os gastos de xestión, mentres que na billeteira terán un custe de 20 euros. O festival contará con zona de acampada de balde e espazo tamén gratuíto para furgonetas.

Tracking Pixel Contents