Saltar al contenido principalSaltar al pie de página

O CrossFit rompe barreiras nas comarcas

Cada vez hai máis «boxes» na bisbarra, aos que acuden persoas de todas as idades e condicións físicas na procura de, entre outras cousas, mellorar a súa relación co corpo ou problemas de saúde, atopando beneficios mentais inesperados

Adrián Ferreira e Sara García, desde Salceda e O Porriño, guían ao seu alumnado.   | // ANXO GUTIÉRREZ

Adrián Ferreira e Sara García, desde Salceda e O Porriño, guían ao seu alumnado. | // ANXO GUTIÉRREZ

[O Porriño]

A disciplina do CrossFit está gañando terreo, cada vez máis, nas comarcas. Non é estraño comprobar como en municipios como Porriño, Salceda de Caselas ou Mos, a veciñanza decide adicar unha hora do seu tempo a exercitar o seu físico nun «box».

Alí, atopan a resiliencia dunha barra caendo a plomo no chan e a sorte que se mestura co esforzo, xunto ao talento incondicional dunha comunidade que, pase o que pase, ao final do adestramento achega as felicitacións polo esforzo realizado.

Valley Games

Exemplo disto foi Porriño. Este municipio converteuse no epicentro desta disciplina coa celebración da nova edición dos Valley Games onde preto un centenar de atletas mediron a súa forza en diferentes modalidades e probas durante toda unha xornada na que ata o alcalde, Alejandro Lorenzo, se animou a participar.

Alí, puxo en valor esta competición por «encher o municipio de vida, ilusión e deporte».

E é que o CrossFit non é só un adestramento no que se potencia a condición física senón que, tamén, é un espazo no que se reforza o benestar mental. Así o entenden os coaches Sara García e Adrián Ferreira, adestradores en Salceda de Caselas e no Porriño respectivamente, quenes explican que o adestramento trata «dun momento de conexión co día a día, onde non só traballamos físicamente, senón que busca fortalecer a disciplina e a constancia a nivel mental».

Existen diferentes motivos polos que unha persoa decide apuntarse a practicar esta disciplina onde se combinan, entre outras cuestións, exercicios de halterofilia, de ximnásticos ou de resistencia.

Algúns chegan para aliviar dores físicas e outras para reconectar co seu corpo. Tamén para superar etapas complicadas, como no caso de Sara García que se adentrou neste mundo «despois de superar un Trastorno da Conducta Alimentaria», tal e como explica.

Pola súa banda, Adrián Ferreira decidiu apostar polo CrossFit despois de que un amigo o convidara a participar nunha das clases «e agora compito e son coach no Porriño» e «tas ter problemas físicos no ximnasio».

Do outro lado da clase, atópase un alumnado de diferenes idades.

Sara García e Adrián Ferreira explican que «hai persoas de entre 16 anos ata os de 70 anos que van as clases» e que «chega un momento no que recoñecen que desde que fan CrossFit atópanse moito mellor no día a día». De feito, «moitos dinnos que agora cando van a traballar ao campo síntense mellor e que xa non lle doen tanto os brazos ou as pernas».

En calquera caso, apuntan, «o CrossFit é para todo o mundo porque se pode adaptar a calquera condición física». Con todo, recoñecen que o mellor que ten este deporte é «a comunidade que se crea arredor del no que se premia o compañerismo e a superación».

Tracking Pixel Contents