Cultura

Música e tradición enchen a programación do verán en Tui

Nas propostas para xullo e agosto non faltan o humor, a gastronomía e o cinema

Sobre estas liñas, fía na Roca, que actuará o venres 4 ás 19:30. A dereita, Pepo suevos, que actuará o día 11.  | // CARLOS PARDELLAS/ BERNABÉ

Sobre estas liñas, fía na Roca, que actuará o venres 4 ás 19:30. A dereita, Pepo suevos, que actuará o día 11. | // CARLOS PARDELLAS/ BERNABÉ

[Tui]

Música, cultura tradicional, humor, cinema e gastronomía centran a programación cultural para o verán organizada polo Concello de Tui. Durante os meses de xullo e agosto a cidade acollerá distintos eventos, algúns cunha longa traxectoria, que brindarán tanto a tudenses coma a visitantes unha oferta cultural de calidade, pensada para todos os públicos e en escenarios patrimoniais únicos.

Música e tradición enchen a programación do verán en Tui

Música e tradición enchen a programación do verán en Tui

Folk

O primeiro dos eventos previstos é o V Festival da Cultura Tradicional e Folk organizado pola Asociación Cultural San Telmo. Abrirase o venres 4, ás 19.30 h, no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela co concerto inaugural a cargo de Fía na roca e Luís Prego. Nese lugar poderá visitarase dende o venres até o domingo a exposición «O traxe da muller aldeá» da man do grupo etnográfico Traxandaina.

O sábado 5, ás 19.30 h, a actividade trasládase á praza de San Fernando onde se vai celebrar o X Certame de Gaita e Tamboril, e a partir das 22 h terá lugar o concerto «Cantares nos camiños» con María Vidal e Xisco Feijoo. Por último, pechando este festival, o domingo 6 ás 19.30 h no Paseo da Corredoira celébrase o X Día da Muiñeira.

O venres, 11, ás 21.30 h chega a Tui Pepo Suevos co seu espectáculo «A Xira do cuarto de século» no Espazo Sociocultural da rúa Camilo José Cela. Tui é unha das 25 cidades nas que ofrece este espectáculo.

Serán dúas as citas co cinema no verán. Cambian de emprazamento e terán lugar na praza do Pracer. Así o sábado 12 de xullo, ás 22.30 h proxéctase «A Gardiana de dragóns» dirixida por Salvador Simó Busom e Jianping Li. Mentres o 8 de agosto poderase ver «A elefanta do mago» de Wendy Rogers.

Ikfem

A décimo terceira edición do IKFEM, Festival Tui – Valença, brindará do 16 ao 20 de xullo unha programación que une tradición e vangarda a través de concertos, encontros profesionais e actividades para todos os públicos, en lugares coma a Alameda de San Domingos en Tui ou a Fortaleza de Valença. A programación completa pode consultarse na web oficial do festival: www.ikfem.com, onde tamén se poden adquirir as entradas, ao igual que en Ataquilla.

Tui reivindica nesta programación o seu papel coma porta da entrada do Camiño Portugués a Galicia, e faino a través da música co concerto ilustrado «A zanfona e o Camiño de Santiago» o xoves 24 de xullo, ás 21.30 h na igrexa de San Bartolomeu, da man de Germán Díaz. E tamén co espectáculo de música e danza da man de Furia Sotelo o venres 25 na igrexa de San Domingo.

Mentres o folclore máis internacional terá o seu escaparate no parque do Laxal en Rebordáns coa Noite Internacional do Miño organizada pola Noite Internacional. Este evento pechará a programación do mes de xullo.

Agosto abrirase coa décimo novena edición de Música no Claustro. Festival de Música, Patrimonio e Creación que volverá brindar do venres 1 ao xoves 7 concertos no claustro catedralicio.

Gastronomía

O sábado, 16 de agosto, celebrarase a XIII Festa Gastronómica na rúa Compostela, e o venres 22 será a quenda do XXX Festival da Bandas de Música. E pechando esta programación a ribeira de Caldelas acollerá o venres 22 e o sábado 23 de agosto o V Rocha Folk.

O alcalde, Enrique Cabaleiro, sinala que a programación de verán “é un bo exemplo da diversidade e riqueza cultural de Tui” que reflicte «o compromiso coa tradición, e innovación».

Pola súa banda, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, destaca que «Este é un verán pensado para vivir a rúa, para compartir…» coñecendo a ampla riqueza cultural que atesouramos en Tui. Amosa, Sonsoles Vicente, o agradecemento ás asociacións culturais, artistas e entidades que fan posible esta programación.

Tracking Pixel Contents