Microteatro nas parroquias, a nova proposta da Asociación Dramiño
teatro
y O grupo achegará o teatro a oito parroquias de Salvaterra y Cada visita contará con catro píldoras teatrais

O grupo de teatro Dramiño nunha saída. | // D,P,
L. R. M.
O grupo de teatro Dramiño, de Salvaterra de Miño, presentará este verán un novo formato: «Dramiño de Rolda», que consistirá nunha xira por oito parroquias da vila cunha proposta baseada na representación escénica do microteatro.
En cada actuación, que terá unha duración aproximada dunha hora, o grupo representará catro «píldoras» teatrais do xénero da comedia, cuxa temática non estará relacionada coa anterior.
«O público pode chegar e non conectar coa peza, pero sabe que a seguinte vai ser diferente e pode gustarlle» explica Ángel Vidal, presidente da Asociación Dramiño.
Ademais, conta que «a idea, sempre que o tempo o permita, é realizar as representacións no exterior en formato de teatro de rúa».
Está previsto que a actividade comece a finais do mes de xullo.
A maiores, a asociación conta por segundo ano consecutivo cunha actividade de teatro para nenos e nenas, no que a cativada ensaia polas mañás durante os meses de verán, e presentará a obra unha vez rematado dito obradoiro.
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- Olvídate de Samil: esta es la playa con el agua más caliente de Galicia (y está casi vacía)
- Jennifer Lopez se marcha de Galicia tan diva como llegó
- Un vecino de Madrid alertó a la Policía de Vigo sobre la expulsión de los israelíes de un local por un «posible delito de odio»
- El pueblo costero en el corazón de Costa da Morte que pocos conocen: un santuario sobre el mar y una cascada preciosa
- Un empresario de Santiago detenido por pertenecer a una organización criminal que defraudó 69 millones de euros con bebidas alcohólicas
- De Gustavo López a Jennifer López: las manos gallegas que en su día cuidaron al Celta trataron a la diva del Bronx en Pontevedra
- JLo deja una entrada por debajo de lo esperado con 13.500 almas