TRADICIÓN
Un fito máis para a Feira Tradicional dos Remedios
A Feira revive os antigos mercados do século XX y O obxectivo da festa é dar a coñecer os oficios do pasado

Membros da corporación local na Feira Tradicional dos Remedios. | // D.P.
A Feira Tradicional dos Remedios de Ponteareas vén de ser declarada Festa de Interese Turístico de Galicia pola Xunta de Galicia, un recoñecemento que premia o seu valor cultural, o seu arraigo na tradición e a súa capacidade de atraer visitantes edición tras edición.
Esta distinción supón un importante respaldo institucional a unha cita que cada mes de setembro converte a vila do Tea nun auténtico escaparate das tradicións populares galegas.
Segundo recoñece a lei, as festas que poden recibir esta declaración deben contribuír á posta en valor da cultura e das tradicións populares, así como ter unha especial relevancia como atractivo turístico. A Feira dos Remedios cumpre con estes requisitos, grazas á súa continuidade no tempo, á participación cidadá e á diversidade de actividades que ofrece.
A celebración revive os antigos mercados do século XX e transforma as rúas e prazas de Ponteareas en espazos de encontro co pasado. Artesanía, feira de gando, produtos gastronómicos, oficios tradicionais como a forxa, a talla de madeira ou a alfarería, xunto con catas, música tradicional e degustación de produtos locais conforman unha programación variada e participativa.
A alcaldesa Nava Castro expresou a súa satisfacción por este logro, destacando que «unha vez máis, Ponteareas amosa o seu potencial para organizar eventos de dinamización social, cultural, económica e turística». A rexedora subliñou tamén o traballo colectivo que fai posible que esta feira medre en participación e se consolide como referente na comarca.
Pola súa banda, a concelleira de Turismo, Raquel Bautista, agradece o recoñecemento e pon en valor o traballo iniciado en 2007, cando botou a andar a primeira edición. «Esta declaración premia o esforzo de todas as persoas implicadas e axúdanos a seguir medrando», afirmou.
Desde o Concello xa se traballa na próxima edición, que volverá contar con actividades para todos os públicos, mantendo a esencia que fixo desta feira un evento único no panorama cultural galego.
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- Olvídate de Samil: esta es la playa con el agua más caliente de Galicia (y está casi vacía)
- De Gustavo López a Jennifer López: las manos gallegas que en su día cuidaron al Celta trataron a la diva del Bronx en Pontevedra
- Turistas maleducados
- Un empresario de Santiago detenido por pertenecer a una organización criminal que defraudó 69 millones de euros con bebidas alcohólicas
- La estafa de la academia Vive Formación supera los 300.000 euros y el centenar de afectados
- «Sé que va a ser difícil, pero quiero volver a la normalidad»
- Comienza la revolución de Celta360