Cultura
Desfrutar da natureza e mellorar a saúde física é posible en Ponteareas
Nace o primeiro programa estival de actividades deportivas ao ar libre na vila

Praia Fluvial da Freixa. | // ANXO GUTIÉRREZ
lara r. mira
O Concello de Ponteareas, a través da concellería de Benestar Social, elabora o primeiro programa estival de actividades deportivas ao ar libre.
As actividades, dirixidas ao público maior de 18 anos, serán gratuitas e nacen coa finalidade de «aproveitar ao máximo os activos en saúde que posúe a vila, especialmente os espazos naturais, para a práctica deportiva».
Con todo, durante os meses de xullo, agosto e setembro a contorna da Freixa acollerá obradoiros de taichí, hipopresivos e ximnasia de mantemento.
As actividades estableceranse en varias quendas. Deste xeito, os horarios no mes de xullo teran lugar de luns a xoves en horario de maña.
As clases de taichí realizaranse os luns e mércores ás 10:00 horas. Os martes terán lugar as clases de hipopresivos ás 11:00 horas e por ultimo, os xoves, será a quenda da ximnasia de mantemento, que comezará ás 11:00 horas.
Non é preciso inscrición previa, tan só é necesario achegarse na hora desexada á zona onde está colocada a tarima, fronte aos «chiringuitos» da Freixa.
A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, salienta «a importancia de ofrecer ás veciñas e veciños propostas de calidade que melloren o día a día das persoas, deseñando iniciativas a medida das suas necesidades».
«Pequenas e grandes accións súmanse para que entre todas e todos fagamos unha vila máis agradable, habitable e na que atopar todo o necesario», asegura a rexedora local.
A actividade é posible grazas a unha subvencion da Red Española de Ciudades Saludables, unha entidade que ten como obxectivo buscar actividades encamiñadas a fomentar e conseguir cidades mais saudables a traves da colaboración coas entidades municipais, neste caso en concreto, co Concello de Ponteareas.
- Rescatan en Vigo a un hombre desaparecido que llevaba 11 días oculto entre rocas en Tombo do Gato
- El empresario detenido por la UCO en Santiago es uno de los tres cabecillas de la red criminal que defraudó 69 millones
- Multa de 10.000 euros y 3 meses sin licencia para el furtivo de los 800 kilos de pulpo
- Hachazo’ en las oposiciones de educación: eliminados en la primera prueba casi el 90% de los aspirantes
- Hosteleros divididos por la actitud de los peregrinos
- Un conductor ebrio atropella al alcalde de Sanxenxo
- El restaurante flotante de Roberto Vilar en Silgar
- El pueblo costero de Galicia donde se come muy bien en primera línea de playa: «El refugio del fin del mundo»