Música
Cita co rock infantil este domingo en Tomiño da man de Pakolas
A guitarra de Pakolas levará a Tomiño humor e "moita marcha"

Pakolas. | // D.P.
Tomiño prepárase para facer vibrar á cativada con guitarras eléctricas, humor e "moita marcha".
A programación cultural de verán da vila continúa da man do guitarrista e humorista Paco Cerdeira, máis coñecido como Pakolas, que este domingo 29 de xuño ofrecerá un espetáculo pensado para o público familiar.
O evento, que será de entrada libre e gratuíta, dará comezo ás 19:30 horas na Praza Pintor Antonio Fernández de Goián. Alí, Pakolas ofrecerá ao público de máis curta idade a súa función "As máis molonas", unha festa "chea de enerxía que recolle as cancións máis aclamadas polo público galego, cantadas e contadas".
O artista guiará ao público coa súa forza interpretativa e o seu humor a través do universo musical no que a interacción e a participación dos máis pequenos, a animación, as súas caracterizacións e a súa música son o principal atractivo.
Pakolas é todo un referente na músicainfantil en galego, pois leva adicándose ao público infantil dende xa fai mais de 20 anos, comezando os seus pasos como membro de Mamá Cabra (grupo de música didáctica infantil en galego), do que participou nos seus traballos durante mais de 10 anos continuadamente. En 2014 fundou a súa propia banda,A Gramola Gominola, coa que acadou un premio Martín Códax no 2018.
No 2015 comezou o seu proxecto en solitario "Pakolas".
O seu segundo librodisco xa vendeu máis de 2.000 exemplares, e en Abril de 2023 resultou gañador do XIV Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña
A actuación forma parte do programa PequeVerán, a proposta cultural do Concello de Tomiño que inclúe unha ducia de actividades durante a época estival pensadas para achegar a cultura e o lecer á infancia, promovendo a súa creatividade e o seu amor polas artes dende a diversión e o encontro na rúa.
- Muere un lucense de 78 años en la playa de A Lanzada
- Roban un coche en Vigo, lo empotran y el conductor, borracho y sin carné, se va a la terraza de un bar
- Evacuada en helicóptero una trabajadora atrapada por una mano en una máquina en Moraña
- Hallan el cuerpo de un niño ahogado en Pedras Miúdas tras dos horas de angustiosa búsqueda
- Bruselas certifica la prórroga ilegal de la AP-9, pero el Gobierno insistirá en apelar
- Organizan una despedida sobre ruedas para Brais, el joven motorista de O Rosal fallecido ayer
- Davila 17/07/2025
- La tragedia en Sevilla pone el foco de nuevo en la seguridad laboral: 'Nos quejábamos, pero nadie hacía nada