Educación

Cincuenta anos de ensino e aprendizaxe en Mos

O acto foi presentado polo Club de Podcast do centro y A nota musical do evento tivo lugar da man da exalumna do centro Ana Belén Rodríguez

Acto de conmemoración dos 50 anos do CEIP Mestre Martínez Alonso en Mos.   | // D.P.

Acto de conmemoración dos 50 anos do CEIP Mestre Martínez Alonso en Mos. | // D.P.

lara r. mira

[Mos]

O CEIP Mestre Martínez Alonso de Mos cumpliu cincuenta anos de ensino e aprendizaxe. O centro conmemorou este 50 aniversario cunha xornada de portas abertas que reuniu á comunidade educativa, familias, antigos alumnos, autoridades e profesionais do ensino, co fin de festexar o medio século de traxectoria formativa e compromiso social.

O evento contou cun amplo programa de actividades, entre as que destacaron exposicións, música en directo e mesas redondas sobre igualdade, inclusión e innovación.

O Club de Podcast do centro foi o encargado de presentar o evento, onde se deu voz a antigos e actuais alumnos e alumnas, así como á concelleira de Educación, Julia Loureiro. Ademais, a xornada foi inaugurada pola alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo xunto co director xeral de Centros e Recursos Humanos da Xunta de Galicia, Jesús Álvarez Bértolo.

A rexedora local, Nidia Arévalo destacou durante a súa estancia o «papel do centro como proxecto de comunidade» e sinalou a súa aposta decidida pola «igualdade, a educación inclusiva e a innovación como piares para construir un futuro mellor».

Durante a celebración, recordáronse os numerosos recoñecementos acadados polo centro escolar, como o Premio 25N polo proxecto Entendes ou NON?, o Premio Convivimos pola iniciativa #Choca esas5 e o galardón Tolerancia Cero contra o Acoso Escolar pola súa proposta Latrinalia contra o acoso e o cyberacoso, entre outros premios.

A nota musical e emotiva do evento correu a cargo de Ana Belén Rodríguez, antiga alumna do colexio, que xunto ao profesorado e alumnado, interpretou temas como «Ama y ensancha el alma» de Extremoduro. Por outra banda, os membros da Fundación Igual Arte puxeron o toque artístico pintando un mural nunha das paredes do centro.

Tracking Pixel Contents