Programación

A Cañiza dá a benvida á programación do verán

A 59º Feira do Xamón terá lugar o 15 de agosto y A programación inclúe máis de 60 actividades ao longo de todo o verán e para todos os públicos

Presentación da programación «Verán Cultural e Deportivo 2025» da Cañiza .   | // D.P.

Presentación da programación «Verán Cultural e Deportivo 2025» da Cañiza . | // D.P.

lara r. mira

[A Cañiza]

O Concello da Cañiza agarda unha programación cargada de actividades para recibir ao verán de 2025. O calendario inclúe máis de 60 actividades pensadas para todas as idades e combina deporte, música, tradicións populares e gastronomía.

Ademais, a calendarización inclúe tamén actividades organizadas por clubs e asociacións locais coas que o goberno local pretende dar visibilidade e recoñecemento polo seu impacto social e cultural.

A programación cultural abarcará actuacións musicais, cine ao aire libre, teatro, batallas de rap, maxia e festas infantís. Entre os eventos destacados, a Banda de Gaitas de Paramos-Tui ofrecerá o 10 de agosto un concerto especial na Praza Maior, no que estreará unha peza dedicada á Cañiza.

O deporte tamén será protagonista: andainas, rutas en bicileta, cros populares, torneos de fútbol e balonmán, exhibicións de taekwondo e patinaxe, campus deportivos así como o campamento urbano de verán, que se celebrará en dúas quendas durante o mes de xullo.

Tampouco faltarán as celebracións máis tradicionais, como a Procesión do Santísimo Cristo da Agonía o segundo domingo de xullo, a Sardiñada Popular do 24 de agosto ou a Romería de Verán da Nosa Señora da Franqueira o 8 de setembro.

Algunhas das activiades que organizarán as asociacións locais da vila serán o «Correbares», o Entroido de Verán, o II Serán de Valeixe ou o Campionato «Pachanga na Rúa».

Un dos puntos álxidos do verán será, como cada ano, a emblemática Feira do Xamón, que celebra a súa 59ª edición o 15 de agosto.

O evento, que terá lugar na contorna da Carballeira do Cacharado, acollerá o tradicional Concurso Nacional de Cortadores, acompañado do obradoiro de xamón xigante, a masterclass de corte de xamón e catas de viños así como actuacións musicais e espectáculos para todos os públicos.

Tracking Pixel Contents