Colaboración
Un técnico de Tomiño presta a súa asistencia en Guinea-Bissau
A iniciativa está impulsada polo Fondo Galego | O obxectivo é mellorar o sistema de recadación

Xoán Amós e Teresa Vila con autoridades tras o acto. | // D.P.
Un técnico municipal de Tomiño e unha técnica lucense veñen de ofrecer asistencia técnica en Guinea-Bissau, concretamente na rexión de Cacheu. A iniciativa enmárcase no programa ‘Especialistas en Cooperar’ impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.
Xoán Amós, axente de desenvolvemento local no Concello de Tomiño e Teresa Vila, técnica de fondos europeos no Concello de Lugo, prestaron a súa experiencia en cooperación técnica no país africano, onde pasaron preto dun mes intercambiando coñecementos en materia de finanzas municipais.
A finalidade da estancia era elaborar unha primeira diagnose das eivas que presenta o sistema de cobranza. A través desta análise, elaborarase un programa a catro anos financiado pola Agencia Española de Cooperación Internacional al Desarrollo (AECID), a través da Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad.
Segundo informan, o país lusófono non conta polo de agora con municipios formalmente constituídos, senón que as rexións estrutúranse en sectores administrativos que precisan fortalecer a súa capacidade de xestión, para promover así unha gobernanza democrática e transparente.
Neste senso, os especialistas procedentes de Galicia reuníronse con persoal tanto do goberno rexional como de distintos sectores e institucións, propoñendo de forma conxunta ferramentas que facilitaran os ingresos, e que ao mesmo tempo, redunden no benestar da poboación a través de políticas e de servizos públicos.
Á súa chegada a España, os técnicos foron recibidos nun acto institucional no Concello de Tomiño.
Alí, a rexedora tomiñense, Sandra González e o alcalde de Nigrán e presidente do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, Juan González, puxeron en valor a colaboración dos proefsionais tras o seu desplazamento ao continente africano co fin de apoiar o proceso de descentralización administrativa a través da mellora na recadación de impostos e taxas locais.
Ao tempo, durante o acto tamén puideron supervisar os diferentes proxectos impulsados polo Fondo Galego en materia de abastecemento de auga, saúde e educación.
A maiores, tras o acto, no que tamén estiveron presentes diversos edís do Concello de Tomiño, o traballador e a traballadora municipais participaron na xornada de avaliación do programa ‘Especialistas en Cooperar’, da que tras as súas propias experiencias e vivenzas obtiveron aprendizaxes que compartiron con todos os alí presentes.
O programa promovido polo Fondo Galego está dirixido a persoal de concellos, deputacións e mancomunidades de Galicia que desexen prestar asistencia técnica e asesoramento aos parceiros na materia que soliciten.
O programa ten unha duración de entre dúas e catro semanas e busca achegar formación adecuada e respostas profesionais co fin de reforzar as capacidades das administracións públicas e asociacións das sociedades máis desfavorecida ao tempo que se favorece un intercambio de experiencias para as e os técnicos que viaxan
- El ave que se «come» a la velutina
- Entrar en los dobles grados de Matemáticas, Física e Ingeniería Informática, solo para alumnos sobresalientes: exige más de un 13
- Arrasado por un incendio un edificio en pleno centro de Pontevedra: «Creía que iba a explotar todo»
- La hostelería da una salida a los migrantes de Sanxenxo: «Es una satisfacción enorme ver cómo se abren camino»
- La Xunta dará bonos de 50 euros para comprar pescado a partir del 28 de julio
- Cuatro noches de música con Heredeiros da Crus y las orquestas Players y Los Magos en las Festas do Carme
- Vigo activa la venta de entradas para los conciertos de Castrelos: horarios, límites y consejos
- Se complica el fichaje de Bryan Zaragoza