Salceda
Soutelo acolle a I «furancheira» e o IV serán
A Comisión de San Liborio está formada este ano solo por mulleres | No IV serán os pinchos foron de balde para as persoas asistentes

A Comisión de San Liborio coa alcaldesa, Loli Castiñeira, natural de Soutelo. | //D.P.
A parroquia de Soutelo celebrou a súa I festa furancheira organizada pola Comisión de festas de San Liborio, unha comisión de festas formada exclusivamente por mulleres que está a poñer en marcha novas iniciativas para conseguir os fondos necesarios para levar adiante as festas parroquiais a última fin de semana de xuño.

Unha das imaxes do serán. | // D.P.
A festa, chea de tradición e ambientada nas vellas aldeas, contou con comida e postres caseiros, música tradicional e, por suposto, viño da casa, facendo honra ao seu nome de festa furancheira. Ademáis o entorno da carballeira do Borralliño foi inmellorable para esta celebración que congregou a numerosas persoas, tanto veciñas da parroquia como visitantes.

O serán xa vai na IV edición | // D.P.
A festa foi posible grazas ao traballo intenso da comisión, pero tamén grazas á colaboración do voluntariado da parroquia, comercio local e grupo de gair¡tas de Soutelo «A fume de carozo», así como coa axuda da Comunidade de Montes de Soutelo e do Concello de Salceda, sen os cales sería inviable un evento coma este.
A alcaldesa, Loli Castiñeira, quixo felicitar á Comisión de Festas por esta fermosa iniciativa, desexando que sexa tan só a primeira de moitas outras.
Tamén a área recreativa do Borralliño acolleu o IV serán da parroquia, organizado polo grupo de gaitas «A fume de carozo» que contou coa asistencia de numerosos grupos de música tradicional, tanto de Salceda como doutros concellos. Gaitas, pandeiretas, tambores, bombos, acordeóns e outros instrumentos completaron unha noite de festa coa mellor música.
Por suposto non faltou a gastronomía, con pinchos de balde para as persoas asistentes, e bo viño para acompañalos.
O serán foi posible grazas á colaboración do Centro Cultural e a Comunidade de Montes de Soutelo, así como do Concello de Salceda, sen os cales non se podería levar a cabo.
O grupo de gaitas «A fume de carozo» leva anos participando nos diferentes seráns da comarca, polo que foron moitos os grupos quequixeron devolverlle a visita e participar neste serán, que se alongou durante horas aproveitando o bo tempo e o entorno impagable do Borralliño.
- El restaurante flotante de Roberto Vilar en Silgar
- Turistas maleducados
- Hosteleros divididos por la actitud de los peregrinos
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- El pueblo costero de Galicia donde se come muy bien en primera línea de playa: «El refugio del fin del mundo»
- Málaga valora renunciar al Mundial 2030, A Coruña se encuentra «en serio riesgo» y Vigo avanza
- Boris Izaguirre se deja enamorar por Baiona acompañado por Rafa Durán: «Manché con un percebe a Fraga»
- La embajada de Israel, sobre la expulsión de los israelíes en Vigo: «Una Europa en la que los judíos tienen miedo de hablar hebreo»