GASTRONOMÍA

Salvaterra entrega os premios da II Ruta de Petiscos ‘Pinchoterra’

‘La Ojiva Gastronómica’ acada o primeiro premio da ruta | A hostalaría da vila vendeu case 16.000 pinchos

‘La Ojiva Gastronómica’ recibindo o seu premio.   | // D.P.

‘La Ojiva Gastronómica’ recibindo o seu premio. | // D.P.

D.P:

[Ponteareas]

Salvaterra de Miño acolleu durante o pasado mes de abril a segunda edición da Ruta Pinchoterra, unha ruta de petiscos onde vinte e cinco establecementos hostaleiros da vila ofrecían cada xoves e cada venres de abril un pequeno prato a un prezo previamente establecido de tres euros.

En total, foron case dezaseis mil pinchos os vendidos entre todos os locais. As persoas participantes na ruta, acudían a cada local cun pasaporte que selaban co logo do establecemento e que unha vez cuberto con seis selos, depositaban nunha urna co fin de entrar no sorteo de agasallos. Ademais, en cada pasaporte debían votar polo seu petisco favorito entre os degustados.

Deste xeito, e unha vez rematada a ruta, os votos foron contabilizados, obtendo un primeiro, un segundo e un terceiro posto entre os establecementos participantes.

Así, o primeiro premio foi outorgado ao restaurante ‘La Ojiva Gastronómica’, situado na parroquia de Leirado, co seu petisco ‘Delicia Ibérica’.

Na mesma, o segundo premio foi acadado pola cafetería situada no centro da vila ‘Turín Turán Brunch’ co pincho denominado ‘El Desmadre’.

Por último, o terceiro posto foi dirixido ao restaurante ‘Muxicas Taberna’ situado na parroquia de Alxén co seu petisco ‘Mu-Xibao’. Ademais, este establecemento non é a primeira vez que se estrea na palestra de premios, xa que na edición do pasado ano 2024 acadara o primeiro premio.

Tracking Pixel Contents