DIVERSIONS DE VERÁN
Porriño prepárase para voltar a ser Porrigalia
Nenos e nenas do Porriño participaron nun día especial, unha Preporrigalia, a presentación da divertida festa que se celebrará os días 12 e 13 de xullo

Dúas imaxes da Preporrigalia, celebrada no Porriño como aperitivo da festa de xullo. | // D.P
O Porriño converteuse fai uns días nun auténtico escenario dinoda aldea gala de Astérix e Obélix, viaxando simbólicamente ao pasado, para dar o pistoletazo de saída a unha nova edición de Porrigalia, os Xogos Olímpicos máis orixinais e divertidos de Galicia que terán lugar o 12 e o 13 de xullo e nos que haberá moitas sorpresas.

Porriño prepárase para voltar a ser Porrigalia
A cita tivo lugar na Praza Arquitecto Antonio Palacios que se transformou nun coliseo cheo de enerxía, entusiasmo e fantasía, gracias á celebración de Preporrigalia 2025, unha xornada que congregou a 183 alumnos e alumnas de 3º de Primaria dos centros educativos do Porriño, así como a alumnado de Aceesca.
O evento contou coa presenza do alcalde, Alejandro Lorenzo, quen estivo acompañado doutras autoridades locais e do carismático Rafa Durán, humorista e comunicador, quen fixo unha entrada triunfal na Praza do Concello caracterizado de romano a bordo dun carro tirado por cabalos, tras un percorrido polas rúas do centro da vila.
«Preporrigalia é moito máis que un acto previo: é a semente que fai medrar o espírito de Porrigalia nas rúas, nos colexios e nos corazóns do Porriño. Hoxe, os máis pequenos déronnos unha lección de ilusión, enerxía e comunidade. Esta praza foi unha festa, pero tamén foi unha mensaxe: xa estamos preparados para vivir Porrigalia como nunca antes», sinalou o Alcalde Alejandro Lorenzo.
Durante a mañá, os nenos e nenas desfrutaron dun amplo programa de actividades que incluíu probas deportivas como salto de altura, salto de lonxitude e loita, animación de rúa e xogos populares, representacións de personaxes históricos pertencentes a distintas civilizacións
O acto rematou coa simbólica entrega de medallas e das tradicionais laranxas de Porrigalia, poñendo o punto final a unha xornada chea de maxia, risa e espírito olímpico.
Preporrigalia 2025 foi unha xornada festiva e participativa que mesturou deporte, historia, diversión e convivencia, marcando o inicio dunha nova edición dun dos eventos máis emblemáticos do Porriño.
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- Olvídate de Samil: esta es la playa con el agua más caliente de Galicia (y está casi vacía)
- Jennifer Lopez se marcha de Galicia tan diva como llegó
- Un vecino de Madrid alertó a la Policía de Vigo sobre la expulsión de los israelíes de un local por un «posible delito de odio»
- De Gustavo López a Jennifer López: las manos gallegas que en su día cuidaron al Celta trataron a la diva del Bronx en Pontevedra
- El pueblo costero en el corazón de Costa da Morte que pocos conocen: un santuario sobre el mar y una cascada preciosa
- Un empresario de Santiago detenido por pertenecer a una organización criminal que defraudó 69 millones de euros con bebidas alcohólicas
- La estafa de la academia Vive Formación supera los 300.000 euros y el centenar de afectados