Literatura

O ‘Herbario de Rosalía’ pode visitarse ata o vindeiro luns en Tui

A mostra conta cun total de corenta imaxes | A exposición inaugurouse no 2022 en Madrid

Imaxes da exposición  do ‘Herbario de Rosalía’  en Tui  | // D.P.

Imaxes da exposición do ‘Herbario de Rosalía’ en Tui | // D.P.

lara r. mira

[Ponteareas]

O anexo da Sala Municipal de Exposicións, no Edificio Francisco Sánchez de Tui, acolle ata o día dazaseis deste mesmo mes de xuño a exposición de ‘O Herbario de Rosalía’.

O ‘Herbario de Rosalía’ pode visitarse ata o vindeiro luns en Tui

O ‘Herbario de Rosalía’ pode visitarse ata o vindeiro luns en Tui

A mostra trátase dun compendio conformado por corenta imaxes do Herbario real realizado polas profesoras María López Sández e Isabel Fraga no ano 2019, con fotografías de Manuel Fraga.

A obra non se trata dun herbario científico, se non dun literario, «unha homenaxe á obra rosaliana e á unión da literatura coa natureza» tal e como salientan as propias autoras.

As corenta imaxes do Herbario que forman a exposición están divididas en cinco seccións: rosas, herbas do campo florido, herbiñas do camposanto, árbores e outras flores, plantas e especies comestibles.

Cada unha das seccións vai acompañada dun panel informativo no que se desenvolve a importancia desa serie na obra de Rosalía, así como, en xeral, o nexo entre literatura e natureza.

A mostra, que está a itinerar por todo o país, foi inaugurada no ano 2022 en Madrid, concretamente no Real Jardín Botánico e chegou ao Concello de Tui a través da colaboración da Deputación de Pontvedra e a Fundación de Rosalía de Castro.

Foi no ano 2019 cando as profesoras Isabel Fraga Villa e María López Sández doaron á Fundación Rosalía de Castro e á súa Casa-Museo o Herbario de Rosalía, realizado a partir da obra da autora, que consta de cento e cincuenca prgos, con cadansúa planta no interior.

«Trátase dunha ofrenda á autora á que tanto lle debemos, a quen nos ensinou a mirar a paisaxe de Galicia doutra maneira» afirman as propias creadoras.

No ano 2022 a Fundación Rosalía de Castro publicou o libro homónimo coa totalidade das cento e cincuenta plantas, que se pode atopar en todas as librerías do Estado.

As plantas e Rosalía

O Cantar II de ‘Cantares Gallegos’ comeza dicindo «Nasín cando as prantas nasen/no mes das froles nasín». Flores e plantas ocupan un lugar vital na obra de Rosalía, consegrada á dignificación da paisaxe galega e das súas xentes. Durante o ano 2019, o Herbario físico materializado polas profesoras enmarcouse nun proxecto da Universidade de Santiago, para o que foi preciso unha análise completa da obra da escritora galega, incluíndo os seus poemas e prosas, coa finalidade e localizar a totalidade das plantas e flores mencionadas.

Deste xeito, foi posible completar esta obra que estará aberta ao público en Tui ata o vindeiro luns 16 de xuño.

Tracking Pixel Contents