Tradición e costume
Herbas contra o meigallo
A importancia de manter as nosas tradicións e transmitilas de xeración en xeración como parte da historia, máis presente ca nunca durante a noite máis curta do ano, a noite de San Xoán

Herba de San Xoán. | // D.P.
LARA R. MIRA
Hai noites máxicas e noites que non se esquecen. Sen dúbida, San Xoán é unha delas. A noite de San Xoán, ou ‘Noite Meiga’ tal e como é coñecida entre a sabedoría popular, é a que vai do 23 ao 24 de xuño. Case sen percatarnos, chegado o mes de xuño os días van alcanzando a súa máxima duración, o bo tempo comeza a albiscarse e a primavera deixa paso ao verán.

Herba Luísa | // D.P.
As praias comezan a encherse de fogueiras e as rúas convértense no lugar ideal para degustar as sardiñas e o pan de millo. E mentres as labaradas iluminan a noite e se oen risas, gaitas e saltos sobre o lume, en moitas casas galegas prepárase un cunco con auga limpa e un maínzo de herbas silvestres recentemente recollidas.

Fiúncho | // D.P.
Así é, unha das tradicións e rituais máis seguidos e que traspasan de xeración en xeración en Galicia na noite de San Xoán é a creación do que, na cultura tradicional, conócese como ‘cacho’: un conxunto de flores e herbas que se deixa no exterior e a remollo durante a noite máis curta do ano, San Xoán.

Xesta | // D.P.
As plantas non son elexidas ao azar: cada unha delas ten o seu significado, a súa función, o seu aroma e a súa enerxía. Colócanse xuntas, déixanse baixo o ceo aberto para que se empapen co orballo e o resío da noite e, á mañá seguinte, esa mesma auga serve para lavar a cara. Limpar a faciana, e tal e como di a sabeduría popular, «purificar a alma, espantar enfermidades así como atraer os bos augurios».

Malva | // D.P.

Fento | // D.P.
As súas propiedades

Romeu | // D.P.
As herbas non son iguais en todas as zonas nin en todas as casas, mais hai algunhas que adoitan ser especialmente empregadas como pode ser o caso da Herba de San Xoán, unha planta utilizada simbólicamente para «combatir ao demo»; a Herba Luísa, asociada a propiedades como a relaxación ou que facilita a dixestión; o Fiúncho, ligado especialmente ao fogar e á fertilidade; a Xesta, empregada en moitos fogares para protexelos de espíritos malos; a Malva, asociada á limpeza espitirual e con propiedades antiinflamatorias; o Fento empregado tradicionalmente como unha planta protectora e máxica ou o Romeu, socialmente empregada contra o mal de ollo.
Sete herbas, que non sempre son sete, poden ser nove ou once; á fin cada fogar, cada familia e cada territorio contrúe a súa propia lenda e tradición.
Agora sí, e para non ter perda, á dereita destas liñas vai reflexada unha pequena guía dalgunhas das herbas empregadas tradicionalmente para elaborar ‘o cacho’ na tarde previa a San Xoán.
- Adiós a los toldos: Ikea lanza el nuevo invento para tener sombra en casa durante todo el año
- El ave que se «come» a la velutina
- La Xunta dará bonos de 50 euros para comprar pescado a partir del 28 de julio
- Jóvenes de otras comunidades se lanzan a la compra de aldeas ‘ganga’ en Galicia
- Vigo activa la venta de entradas para los conciertos de Castrelos: horarios, límites y consejos
- Gran despliegue de medios para sofocar un incendio forestal entre Pontevedra y Marín
- Las bodas de plata de Míchel Salgado y Malula Sanz: algunos de los invitados ya están en Vigo
- El Celta pone el foco en Bryan y Carles