NIGRÁN
Fogueiras San Xoán, a diversión debe ser respetuosa co medio
O Concello promove unha festa sen buracos | A importancia de crear unha nova conciencia social

San Xoán na praia de Panxón arriba a esquerda limpeza praia. | // A.V./D.P.
O San Xoán en Nigrán volverá a celebrarse este ano en Praia América se buracos, sen lixo e sen fogatas en aras dun equilibrio xusto entre a festa e a protección do ecosistema natural. Con este obxectivo, o Concello repetirá o gran dispositivo de 2024 para impedir que se fagan buracos na praia e tamén fogatas. Consecuentemente, desde a mañá do luns 23 de xuño o persoal ao completo de Policía Local e Protección Civil, xunto a Guardia Civil e a unidade de drons do equipo Pegaso, vixiarán coordinadamente o areal e controlarán os accesos á praia América e Panxón para impedir que se acceda con pás, aparellos, leña ou obxectos contundentes. A vixiancia aérea extenderase a todos os areais e inclúen tamén a presencia do Puesto de Mando Avanzado (PMA) de AXEGA.

Fogueiras San Xoán, a diversión debe ser respetuosa co medio
«O ano pasado, con esta medida o Concello demostrou que se pode facer unha gran festa sen afectar ao ecosistema natural, que non está reñido, e iso é o que volveremos a garantir, incluíndo a prohibición expresa de facer fogatas. Estamos a crear unha nova conciencia social ao respecto da festa de San Xoán, tanto que estamos seguros de que nuns anos nin sequera fará falta realizar a campaña publicitaria #SanXoanSenLixo», explica o alcalde, Juan González.
Deste xeito, o Concello de Nigrán desenvolverá un ano máis a campaña de #SanXoánSenLixo emprendida no ano 2019 advertindo que agora, coma no 2024, o incumprimento das medidas de protección acarrexará sancións que oscilan de leve a moi grave, porque afectan desde á alteración do ecosistema litoral ata unha infracción da lei de seguridade cidadá (todo contemplado no Plan de Conservación do Concello de Nigrán, Ley 42/2007 de Patrimonio Natural y la biodiversidad y Decreto 9/2014 de Conservación da Píllara das dunas). Toda esta información xa a recolle un bando específico e será achegada á mocidade da contorna mediante cartalería específica, vallas, cuñas e anuncios publicitarios, banners en redes sociais, gifs… «O importante é que os asistentes saiban con anterioridade que o día de San Xoán non van poder acceder á praia con pás, sachos, leña ou material contundente», engade o rexedor, quen pide a colaboración de toda a veciñanza na súa difusión.
A este dispositivo sumarase novamente un equipo de concienciación ambiental que desde a maña tamén estará a pé de praia recordando aos asistentes as obrigas que conleva o respecto dun espazo natural (mensaxe que se repetirá tamén por megafonía). Igualmente, eles mesmos entregaranlle aos diferentes grupos sacos para que depositen o seu lixo nos contedores habilitados nos accesos. «Non queremos nen buratos nen lixo, as dúas cousas teñen que quedar claras, por iso é importante tamén o labor educativo deste equipo especialmente formado», incide González.
«Levamos anos cunha campaña de concienciación pioneira en Nigrán e que inicialmente funcionou co tema do lixo, pero era preciso frear o tema dos buratos e as fogatas, por iso chegamos a este punto. Todos debemos esixir civismo neste aspecto e protexer o que a natureza nos regalou». Igualmente, como se ven facendo cada ano, o Concello de Nigrán blindará as dunas de Panxón cun valo e iluminación extra para que a vixiancia por parte do Seprona sexa o máis efectiva posible.
«Confiamos en que a xente está cada vez máis comprometida co medio ambiente e que este inclúe tamén aos océanos, en Nigrán sempre traballamos na concienciación medioambiental. Praia América é un dos máximos orgullos de Nigrán e é responsabilidade de todos preservala, por iso temos que tomar estas medidas que só piden facer ben a festa», conclúe o rexedor.
O maior número de fogueiras será en Nigrán e Baiona tamén prenderá
As localidades de Baiona e Nigrán terán docenas de fogueiras este San Xoán, moitas de elas organizadas por veciños. No caso de Nigrán é festivo local o 24 de xuño. En Baiona espérase unha gran festa na praia de Ribeira.
As localidades de Covelo, A Cañiza, Arbo, O Rosal, Tomiño, Redondela, Salceda de Caselas, O Porriño, Mos, Tui, Salvaterra de Miño ou Ponteareas tamén teñen previsto que se desenvolvan fogueiras, inda que algunhas dependen de colectivos veciñais e están por organizar
- Adiós a los toldos: Ikea lanza el nuevo invento para tener sombra en casa durante todo el año
- El ave que se «come» a la velutina
- «Para salir de Menduíña hay que recorrer media provincia»
- El vigués que lucha contra el reloj del cáncer: «Voy a hacer un último intento por tratar de salvar la vida a mi mujer»
- La lancha de recreo 'Faneca Brava' se hunde de madrugada en Ons
- Jóvenes de otras comunidades se lanzan a la compra de aldeas ‘ganga’ en Galicia
- El barrio más joven se hace mayor: de páramo a una «miniciudad»
- Las bodas de plata de Míchel Salgado y Malula Sanz: algunos de los invitados ya están en Vigo