MUSICA CORAL

Un certame de corais leva a Arbo catro agrupacións este domingo

As agrupacións participantes serán avaliadas por un xurado | A gañadora coñecerase ao remetar o festival

A Coral Polifónica de Arbo durante un concerto.   | // D.P.

A Coral Polifónica de Arbo durante un concerto. | // D.P.

[Arbo]

O Concello de Arbo, no seu interese por apoiar a cultura musical polifónica coral, organiza o Certame de corais «Vila de Arbo», coa colaboración da Coral Polifónica de Arbo e FECOFA, o vindeiro 15 de xuño na sala de concertos do Auditorio Segundo Gil Davila de Arbo a partires das 18:00 horas.

Desde a súa posta en marcha, este evento non deixa de enriquecerse a través das múltiples solicitudes das agrupacións masas corais para acceder a unha praza neste tan solicitado concurso.

O certame recibirá o domingo catro agrupacións corais: a Coral Polifónica Ars Cantorum, o Coro Xuvenil de Lugo, a Asociación Cultural Coro Gaos e a Asociación Cultural Antiqvorum chegadas de diversas localidades de Galicia.

Estes coros serán avaliados por cinco personalidades experimentadas no mundo musical , resultado que se dá a coñecer o final do evento.

«Este concurso non só é unha mostra da riqueza musical para Galicia, tamén o é para o noso concello, polo intercambio de pobos, culturas, tradicións e impresións culturais», asegura o alcalde, Horacio Gil.

No día da súa celebración, a nosa vila acolle centos de persoas que van xa, en horarios matinais para degustar os produtos gastronómicos e visitar os monumentos e riqueza etnográfica como son muíños, carreiros, pontes romanas «é o noso ben pai Miño que acariña coas súas augas o noso tan prezado tesouro como son as pesqueiras milenarias onde se captura a nosa Raíña a lamprea», di o alcalde.

A Coral de Arbo, principal colaboradora, naceu en 1996 coa misión de promover o canto tradicional e popular galego na súa forma máis auténtica, grazas ao respaldo do Concello de Arbo.

Desde as súas orixes, a agrupación está dirixida por Víctor Fernández Nogueiras, quen guiou ao grupo desde a súa fundación .

Conformada por unhas 35 voces mixtas, a coral comezou participando en misas e concertos locais, pero pronto estendeu o seu ámbito de actuación a toda Galicia e outras rexións de España. Entre as súas actividades máis destacadas inclúense as súas contribucións ao encontro –e posteriormente organización– dos Encontros Internacionais de Corais do Baixo Miño, un evento anual en que participan formacións de Galicia e Portugal.

Tracking Pixel Contents