Conciliación
Campamentos e actividades para favorecer a conciliación en Covelo
O Campus Multideporte acollerá un bautismo en barranquismo | A metodoloxía será lúdica e inclusiva

Campus Multideporte en 2024. | // D.P.
Covelo porá en marcha dúas actividades educativas e lúdicas destinadas á cativada e xuventude do municipio. Trátase da VIII Edición do Campus Multideporte e a Escola de Verán 2025, dúas iniciativas nas que se combinará a aprendizaxe co deporte á vez que se favorece a conciliación familiar.
O Campus Multideporte terá lugar do 23 ao 30 de xuño en horario de 10:00 horas a 14:00 horas e está dirixido a nenos e nenas de entre 6 e 15 anos. A actividade conta cun máximo de vinte e sete prazas e inclúe propostas deportivas variadas como fútbol, baloncesto, tenis e incluso un bautismo de barranquismo.
A metodoloxía do campamento será lúdica, participativa e inclusiva e ten como obxectivo promover o traballo en equipo e a diversión durante a tempada de vacacións.
Por outra banda, a Escola de Verán desenvolverase durante todo o mes de xullo e na primeira semana do mes de setembro, antes do inicio do novo curso académico.
O horario desta actividade será de 9:00 horas e 14:00h horas , con opción de ser ampliado co servizo de conciliación de 8:00 horas a 15:00 horas.
A actividade está dirixida a cativos dos 3 aos 13 anos, cun máximo de trinta e dúas prazas. Entre as propostas haberá obradoiros creativos, actividades ambientais, deportivas e culturais, así como accións de sensibilización de igualdade entre homes e mulleres.
- Solo tres concellos de Galicia están «libres» de radón
- Olvídate de Samil: esta es la playa con el agua más caliente de Galicia (y está casi vacía)
- El restaurante flotante de Roberto Vilar en Silgar
- Hosteleros divididos por la actitud de los peregrinos
- De Gustavo López a Jennifer López: las manos gallegas que en su día cuidaron al Celta trataron a la diva del Bronx en Pontevedra
- Turistas maleducados
- Un empresario de Santiago detenido por pertenecer a una organización criminal que defraudó 69 millones de euros con bebidas alcohólicas
- La estafa de la academia Vive Formación supera los 300.000 euros y el centenar de afectados