Tradición
Salceda celebra a VIII Mostra de Maios
A Mostra de Maios celebra a chegada da primavera e o renacer da natureza

Elaboración dos maios en Salceda de Caselas. | // D.P.
Salceda de Caselas celebrou este mes a VIII Mostra de Maios, unha das festividades máis representativas da cultura galega, que honra o ciclo da natureza e o inicio da primavera.
O evento, que coincide co Día das Letras Galegas, amosou a forza da tradición e a implicación da comunidade local na creación de maios, realizados principalmente con flores e plantas autóctonas como o fiuncho, a xesta ou os carrabouxos.
Na Praza do Concello, a veciñanza puido admirar oito maios de diferentes tamaños e estilos, elaborados por diversos colectivos sociais de Salceda.
Entre os colectivos que participaron na elaboración atópanse a Asociación Veciñal San Tomé de Parderrubias, a Asociación de Persoas Xubiladas e Pensionistas, o Taller de Memoria e Tempo Libre Cáritas Interparroquial do Val do Caselas, e o Grupo de Gaitas Carballeira da Picoña, que se encargou de todo o proceso de montaxe e decoración do Maio na propia praza.
O ámbito educativo tamén tivo un protagonismo destacado nesta edición. O IES Pedras Rubias, a Galiña Azul, e o alumnado da Escola Infantil Xoaniña en colaboración con Afaga, participaron na creación de varios dos maios, fortalecendo o vínculo entre as tradicións populares e as novas xeracións.
A Mostra de Maios en Salceda non só é unha mostra de arte floral, senón tamén unha maneira de celebrar a identidade e a cultura galega, unindo ás persoas e ás diferentes entidades da localidade nun acto común que simboliza a chegada do bo tempo e a renovación da natureza tras o longo inverno.
- José Abellán, cardiólogo: «Para saber si has descansado bien el indicador más fiable es cuando terminas de comer»
- Hallan en el pantano de Portodemouros el cadáver del vecino de Arnego desaparecido el sábado
- Soy guía turístico en Galicia desde hace 10 años y estos son los lugares más bonitos que he visitado: «Poca gente los conoce»
- Cuidado con el melón este verano: los expertos piden dejar de comerlo por este motivo
- El Celta ficha a Jutglá por algo más de 5 millones
- Vigo prende San Juan: todas las hogueras, fiestas y sardinadas de 2025
- La Policía Local alega que no hubo orden 'expresa' de clausurar el 'saltamontes
- Este es el restaurante gallego que ha conquistado a la reina Sofía en su última visita Galicia: comida casera junto al río
Sputnik Climbing lleva la escalada para todos a la Copa del Mundo IFSC
