O respecto é guía no CEIP de Santiago de Oliveira

igualdade

y O estudantado izou unha bandeira LGBTIQ+ cosida a man para dar a benvida ao mes do Orgullo

Izado da bandeira no CEIP de Oliveira.   | // D.P.

Izado da bandeira no CEIP de Oliveira. | // D.P.

d.p.

[Ponteareas]

A alcaldesa de Ponteareas, Nava Castro, e o concelleiro de Ensino, Ricardo González, participaron no acto organizado polo CEIP Santiago de Olivera con motivo do Día Internacional contra la LGTBI+ fobia.

«O respecto polas persoas ten que ser a bae fundamental de cadaun de nós, a nosa guía», esta foi a mensaxe que o estudantado do CEIP Santiago de Oliveira quixo transmitir durante o izamento da bandeira LGTBI+ que coseron.

Con esta iniciativa, o centro agarda con ilusión un mes de xuño cargado de actividades inclusivas que promoven o respecto e a liberdade de todas as persoas.

Tracking Pixel Contents