Patrimonio
Nigrán opta ao premio nacional «Arquitectura 2025»
11 obras de estudos galegos foron seleccionadas para este premio estatal

Muíño de Porto do Molle. | // HÉCTOR SANTOS DÍEZ
O Concello de Nigrán opta ao prestixioso premio nacional «Arquitectura 2025» promovido polo Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España (CSAE) e COMPAC, co proxecto de rehabilitación do muíño de Porto do Molle.
Un total de 11 obras galegas foron seleccionadas polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) de entre as 32 propostas recibidas, tal e como anunciaron en rolda de prensa. O resultado coñecerase o vindeiro 3 de xullo.
Situado en pleno parque empresarial ao carón do río Muíños e en estado ruinoso desde había máis de 30 anos, esta infraestrutura volveu funcionar desde o ano pasado con fins didácticos.
O proxecto correu a cargo do estudo vigués Gándara#Pons, gañadores do premio COAG de Galicia á mellor edificación dos anos 2021-2022 pola Biblioteca Municipal de Nigrán.
«É un orgullo contar con esta infraestrutura e que, ademais, os propios profesionais recoñezan o cariño coa que foi rehabilitada», considera o alcalde, Juan González.
Entre os outros proxectos seleccionados están a Casa Mallou, en Santiago de Compostela; o Centro Cultural Forges, na Fonsagrada; a rehabilitación Fondodevila, en Parada de Sil; o Pazo de Martelo, en Rianxo; o Xardín de Panchés (A casa das silvas), en Panchés (Carnota); a Cabane 7L, en Roma (Italia); o Ascensor «HALO», en Vigo; a Praza do Pombal, en Carballo; o Carreiro do Rollo, en Salceda; e o proxecto de divulgación «VAD 11. Os Arquivos».
- Irene Díez, ginecóloga: “La incontinencia urinaria no se soluciona con compresas, hay que acudir al médico”
- Sin fuegos artificiales ni alumbrado en las fiestas de Coia
- Hallan los cuerpos de Txell Fusté y Esteve Carbonell, desaparecidos en los Pirineos hace seis meses
- Ni medicina ni odontología: estas son las 2 únicas carreras con nota de corte superior al 13.0 en Galicia
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Devuelve la cartera de un joven de Aldán con el dinero que tenía para viajar a Tenerife: «¡Personas que son ángeles!»
- Paz Rodríguez abre en Vigo la primera tienda de su historia y mira a Asia para su expansión
- Oncología del Chuvi se despide de Gerardo Huidobro: «Su memoria nos servirá de guía»