Festa da rosa
Mos nomea aos seus valedores da Rosa

Asoc. Galega de Residentes de Mos en Bos Aires. | // D.P.
A Festa da Rosa 2025 xaten os seus valedores. Nesta 52º edición da festa, Evento de Interese Turístico de Galicia, ás persoas elixidas imporáselles o 13 de xuño a insignia da Rosa de Mos e asinarán o Libro de Honra da Rosa, así como farán o xuramento de fidelidade á Rosa, adquirindo os 10 compromisos rexistrados no Decálogo da Valeduría da Rosa de Mos.

Carlos Mouriño. | // D.P.
Deste xeito, os Valedores da Rosa deste ano serán a Asociación Galega de Residentes de Mos en Bos Aires, que fan 107 anos; o conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez González; o expresidente do Real Club Celta Manuel Carlos Mouriño Atanes, que deu luz a un proxecto como a cidade deportiva Afouteza en Mos; a exministra Ana María Pastor, que apoiou sempre dende o seu posto no Goberno central os proxectos estratéxicos para o desenvolvemento do municipio; o director de La Vuelta a España, Javier Guillén, que aposta por Mos por terceira vez para unha etapa no municipio; e o cineasta Daniel Sánchez Arévalo, que ten un vínculo especial co Concello de Mos grazas á súa nova película «Rondallas». Ademais, este ano créase por vez primeira a figura da Valedora da Rosiña de Mos, que recae por vez primeira na deportista Martina Sande Martíns que compite a nivel nacional co Club Tenis de Mesa Mos (CTM MOS), sendo a muller máis nova na categoría de cadeira de rodas. Nestes tres anos e medio alcanzou importantes logros, como o de campioa estatal, sendo a primeira muller na historia en conseguir este título en España 2024.

Ana Pastor. | // D.P.
«Todas estas persoas son merecedoras da Valeduría da Rosa de Mos», indicou a alcaldesa Nidia Arévalo. «Intentamos enxalzar o máis posible a Festa da Rosa e todas as propostas son meritorias de que o Concello de Mos lle faga un recoñecemento», engadiu.

Javier Guillén. | // D.P.
«O próximo domingo é 1 de xuño e arranca o noso mes, e creo que vai a ser un ano especial, como todos, porque o que tratamos é que cada vez a festa teña máis sorpresas, máis atractivos, máis xente ilusionada e máis xente participando, e coa inestimable colaboración, por suposto, da Xunta de Galicia, sen a que non sería posible facer as festas que estamos a organizar», precisou a rexedora.

Martina Sande. | // D.P.
- Aurelio Rojas, cardiólogo, recomienda este cambio cuando salgas a caminar: «Es como pasar de ver la tele a entrenar tu sistema cardiovascular»
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Andrés Millán, abogado laborista: «Nunca me jubilaría 24 meses antes, como mucho lo haría 19 o 20 meses antes»
- Vuelos ya cancelados y billetes «trampa» en Santiago: despega la operación cierre de Lavacolla
- Antonio Guerrero, gastroenterólogo: 'El cáncer de hígado es asintomático, pero una simple ecografía puede salvarte la vida
- Un tiktoker logra acceder a la Isla de Toralla y muestra a sus seguidores lo que nunca se ve: «Qué locura»
- Devuelve la cartera de un joven de Aldán con el dinero que tenía para viajar a Tenerife: «¡Personas que son ángeles!»
- Su hija se corta el pie en una piscina de Samil: «El socorrista me dijo que le había pasado a otros niños, pero aún no se arregló»