Salceda vibra coa «Corre X Salceda»
DEPORTE

Disfrutar dunha vida activa nun contexto natural, un dos beneficios de «Corre X Salceda». | // D.P.
d.p.
Salceda de Caselas viviu unha auténtica festa do deporte coa celebración da carreira «Corre x Salceda», un evento xa consolidado no calendario local que este ano contou cun total de 756 persoas participantes entre todas as categorías. A cita, que congregou tanto atletas experimentadas como rapazada do municipio, volveu demostrar que a paixón polo deporte e a solidariedade continúan moi vivas na vila.

Salceda presumiu da súa cativada activa. | // D.P.
As diferentes probas abrangueron dende os 10 e 5 quilómetros para as categorías absolutas até percorridos máis curtos de 2.500 metros, 1000, 500, 150 e 100 metros para os e as máis pequenas, nun formato pensado para fomentar a participación inclusiva e interxeracional. As carreiras principais desenvolveron parte do seu percorrido polo casco urbano e polas sendas naturais de Salceda, mentres que as probas infantís tiveron lugar nas inmediacións da Praza do Concello.

Spiderman acompañou á rapazada durante a carreira. | // D.P.
No apartado deportivo, o vencedor absoluto da categoría de 10 km masculino foi Hugo Suárez Martínez, seguido de Óscar Bernárdez Carballo e Roberto Vázquez Pavón. Na categoría feminina, impúxose Uxía Pérez Bugarín, acompañada no podio por Noemí Álvarez Rodríguez e Mirian Ojea Caamaño. Pola súa parte, o recoñecemento ao mellor tempo local foi para Akka Essaadaoui Essaady e Arantza Rodríguez González, nas categorías masculina e feminina respectivamente.
Na carreira de 5 km, Luis Piña Consuegra proclamouse gañador na modalidade masculina, mentres que Marta Pereira-Borrajo Vayo acadou o primeiro posto na feminina. Os mellores tempos locais foron para Ismael Táboas Carrera e Ana Belén Piñeiro Bargiela.
Especial protagonismo tivo a cativada, que encheu de entusiasmo as rúas de Salceda nas categorías escolares. En categoría A, os primeiros postos foron para Adrián Estévez Estévez e Ariadna Martínez Avendaño. En categoría B, destacaron Hugo Vila Rodríguez e Sabela Gándara Iglesias, mentres que en categoría C acadaron o triunfo Breixo Pereiro Tombilla e Gabriela López Cadilla.
Un dos momentos máis emotivos da xornada vivírono precisamente os e as participantes máis novas, que recibiron a inesperada visita de Spiderman. O coñecido personaxe acompañou as crianzas durante as súas carreiras, prestando especial atención a quen precisaba máis apoio nos tramos finais, arrincando sorrisos e emocións no público asistente.
A «Corre x Salceda» non só é unha cita deportiva, senón tamén unha oportunidade para fortalecer lazos comunitarios. A inscrición nas categorías absolutas realizouse mediante taxa, mentres que as categorías infantís apostaron, un ano máis, pola solidariedade: a participación fíxose a través da entrega de alimentos destinados ao programa municipal de axuda.
A organización destacou o papel esencial do voluntariado, da Policía Local e da agrupación de Protección Civil de Salceda, que nesta ocasión contou tamén co apoio doutras agrupacións da contorna. A colaboración entre administracións, entidades privadas e a implicación da veciñanza foi fundamental para o desenvolvemento dunha xornada segura e chea de valores.
Tódalas persoas participantes recibiron como agasallo unha camiseta conmemorativa do evento, ademais de contar con puntos de avituallamento ao longo dos diferentes percorridos. O ambiente deportivo, festivo e familiar que se respirou durante toda a xornada reafirma a relevancia deste evento no calendario anual de Salceda.
Así, a «Corre x Salceda» continúa a medrar edición tras edición, converténdose nun símbolo do deporte inclusivo e da colaboración veciñal. A alta participación e o entusiasmo de todas as persoas asistentes deixan claro que a carreira non é só unha competición, senón unha celebración compartida pola comunidade.
- Irene Díez, ginecóloga: “La incontinencia urinaria no se soluciona con compresas, hay que acudir al médico”
- Hallan los cuerpos de Txell Fusté y Esteve Carbonell, desaparecidos en los Pirineos hace seis meses
- Sin fuegos artificiales ni alumbrado en las fiestas de Coia
- Ni medicina ni odontología: estas son las 2 únicas carreras con nota de corte superior al 13.0 en Galicia
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Devuelve la cartera de un joven de Aldán con el dinero que tenía para viajar a Tenerife: «¡Personas que son ángeles!»
- Paz Rodríguez abre en Vigo la primera tienda de su historia y mira a Asia para su expansión
- Oncología del Chuvi se despide de Gerardo Huidobro: «Su memoria nos servirá de guía»