Sociedade
O «Vermut de Barrio» desafía aos temporais coa mellor música
Os últimos concertos serán mañá e o domingo 25

Groovin Folks actuará mañá na Praza do Concello. | // D.P.
d.p.
O Concello de Nigrán, que aplazou o concerto de Grooving Folks por mor da chuvia, segue adiante co seu «Vermut de Barrio».
En caso de non chover, o concerto aplazado do trío formado por órgano Hammond, guitarra e batería, terá lugar mañá, 18 de maio, na Praza do Concello.
Groovin Folks interpretan temas de funk, soul e disco dos anos 60, 70 e 80. As súas interpretacións son pura enerxía e emoción.
O próximo domingo 25 de maio será a quenda de San Rockers na Rúa Damas apostólicas da Ramallosa.
San Rockers é un grupo de catro músicos nacido na parroquia de Camos hai xa case 10 anos que conta con temas propios e que versiona temas de pop e rock dándolle unha interpretación moi particular, neste apartado poden aparecer animadas cancións case irrecoñecibles de Raphael ou Hombres G que fan levantar ao público.
- La calle donde mejor se come en España está en Galicia y tiene 80 bares en 150 metros según la revista Viajar
- Rescatan de un contenedor a una mujer que intentaba recuperar un artículo en Soutomaior
- El pueblo gallego que no tiene turismo: playas vírgenes y está declarado Conjunto Histórico-Artístico
- «Le invitó a cocaína y lo violó»: ratificada la condena por agresión sexual y robo a un joven en un parking de Vigo
- El vigués que apuñaló a su exmujer ya mató al hermano hace dos décadas
- Habla la embarazada que se fugó de Asturias para que no le quiten el bebé: 'Mañana me provocan el parto, volveré para el juicio
- Los narcos detenidos almacenaban la droga en el parking del Álvaro Cunqueiro de Vigo
- Un coche vuelca en Domaio y el ocupante se muestra agresivo con la Policía tras dar positivo en alcohol y drogas