Escape room
O estudantado ponteareán mergulla na historia local
Máis de 250 estudantes participan en «O Misterio de María Agustina Sarmiento»,

Estudantes de Ponteareas no Castelo de Vilasobroso. | // D.P.
d.p.
O alumnado dos centros educativos do Concello de Ponteareas está a coñecer a historia local dunha maneira innovadora e participativa mediante o escape room «O Misterio de María Agustina Sarmiento», promovido polo propio Concello.
A actividade, desenvolvida no Castelo do Sobroso, permite que máis de 250 estudantes descubran personaxes e episodios históricos significativos da vila a través de diversas probas repartidas polas salas e pasillos do castelo, pondo en valor a figura de María Agustina Sarmiento, a menina do cadro de Velázquez, e a súa orixe pontareá.
Segundo sinala o concelleiro de Ensino, Ricardo González, trátase dunha proposta moi exitosa que ofrece ao alumnado unha experiencia de aprendizaxe divertida e activa.
Ademais de achegar coñecementos históricos, o escape room fomenta o traballo en equipo e o desenvolvemento de habilidades sociais.
O reto de superar as probas axuda a promover a capacidade de resolver problemas, xestionar o tempo e reforzar a autoestima das persoas participantes.
Tamén se estimula a motivación e o desenvolvemento afectivo, ao tempo que se consolida a aprendizaxe previa e se favorecen novas competencias.
Con esta iniciativa, o Concello de Ponteareas aposta por unha educación baseada na participación, na interacción e na posta en valor do patrimonio local.
«O Misterio de María Agustina Sarmiento» é unha ferramenta educativa que conecta pasado e presente, facendo da historia unha experiencia viva para o alumnado.
- Irene Díez, ginecóloga: “La incontinencia urinaria no se soluciona con compresas, hay que acudir al médico”
- Hallan los cuerpos de Txell Fusté y Esteve Carbonell, desaparecidos en los Pirineos hace seis meses
- Sin fuegos artificiales ni alumbrado en las fiestas de Coia
- Ni medicina ni odontología: estas son las 2 únicas carreras con nota de corte superior al 13.0 en Galicia
- Si ves una cría de pájaro caída del nido, no la cojas: esto es lo que dice la Sociedad Española de Ornitología
- Devuelve la cartera de un joven de Aldán con el dinero que tenía para viajar a Tenerife: «¡Personas que son ángeles!»
- Paz Rodríguez abre en Vigo la primera tienda de su historia y mira a Asia para su expansión
- Oncología del Chuvi se despide de Gerardo Huidobro: «Su memoria nos servirá de guía»